«Aquí tamén se fala» leva a Boyanka Kostova e Lume do Loop á previa do Dépor-Andorra

Boyanka Kostova e Lume do Loop ofrecerán un concerto gratuíto ás 12:30 na contorna de Riazor antes do Dépor-Andorra do Día das Letras Galegas.
13 mayo 2026 - 16:22

A previa do Deportivo-Andorra terá música galega. A plataforma estudantil «Aquí tamén se fala» organiza este domingo 17 de maio un concerto gratuíto coas bandas Boyanka Kostova e Lume do Loop na contorna de Riazor, dentro da campaña «O Dépor é da Coruña» e coincidindo co Día das Letras Galegas. A cita está programada para as 12:30 horas, hora e media antes do inicio do encontro fronte ao Andorra, que arrincará ás 14:00.

A xornada chega cunha carga simbólica engadida polo encaixe co 17 de maio. A plataforma, nacida no IES Rafael Dieste, busca converter os arredores do estadio nun espazo de encontro arredor da música galega, do fútbol e da defensa da identidade da cidade e do club. Boyanka Kostova, dúo compostelán pioneiro do trap en galego, mantén ademais unha conexión histórica co deportivismo polo tema dedicado a Diego Tristán que durante anos soou en garitos e xuntanzas blanquiazules.

Unha plataforma con apoio social e institucional

«Aquí tamén se fala» sumou nos últimos meses o respaldo de máis de 300 centros educativos e de entidades como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña ou a Xunta de Galicia. Desde a plataforma aproveitan a convocatoria para volver pedirlle ao club que «escoite o clamor popular» e dea o paso definitivo cara ao nome de Real Club Deportivo da Coruña, unha reivindicación que veñen impulsando desde hai meses.

Continuidade do traballo da mocidade arredor de Riazor

A iniciativa dá continuidade ás accións que a mocidade coruñesa vén promovendo nos arredores do estadio durante os últimos meses. Entre elas destaca o concerto sorpresa de Grande Amore antes do encontro fronte ao Eibar e o reparto de máis de 40.000 adhesivos da campaña «O Dépor é da Coruña», que volverán distribuírse este domingo durante a actuación.

Con esta nova convocatoria, a plataforma estudantil reafirma a súa aposta por facer da lingua galega unha ferramenta de encontro, de celebración social e de orgullo colectivo, levándoa ás rúas, ás aulas e tamén ás inmediacións de Riazor antes dunha das tres finais que aínda lle restan ao Dépor na pelexa polo ascenso directo.

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Además, puedes seguirnos en Google como fuente preferida

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].