Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Reportajes»Changui: «Moita xente di que estou acabado. Darei o paso o día que alguén me pase por enriba»

    Changui: «Moita xente di que estou acabado. Darei o paso o día que alguén me pase por enriba»

    0
    Por Redacción on 19 septiembre, 2018 Reportajes

    O 23 de novembro de 2004, Marcos Yáñez Fernández (Boiro, 1977) debutou na máxima competición europea a nivel de clubes: a Champions League. E fíxoo disputando tres minutos dun Olympiacos 1 – Deportivo 0. Foi o punto álxido da súa carreira. Agora, case 14 anos despois, con 41, e despois de experiencias en Pontevedra, Xánthi, Almendralejo ou Santiago, volta ás súas orixes. Volta a Barraña. Máis de 300 goles despois, Changui mudou de reto. Alonxado dos focos mediáticos, segue xogando ó fútbol, pero por enriba de todo, preside ó equipo da súa vila: o Club Deportivo Boiro.

    A situación económica do Boiro

    «A cousa vai ben. Dentro da débeda importante que hai. Atopámonos máis cousas das que realmente dixeron na Asamblea. Son imprevistos cos que non contas, e dis ti: “Joder…”». Nun principio, estimábase que a débeda do Boiro rondaba os 300.000 euros. Porén, Changui apunta que «estamos máis preto dos 400.000». Incide en que «non se contaron realidades» e explica que, como club modesto, o novo Boiro sobrevive «cos cartos dos socios e da publicidade».

    Coa temporada xa comezada, a directiva vive días de moito traballo na busca de novos patrocinadores que melloren a economía do club. Changui cita a unha pedra angular nese senso: «J.J. Chicolino. É imprescindíbel para que o Boiro seguise e siga adiante, leva traballando dous meses para conseguir os cartos que se lle debían ó plantel». Prudente no seu discurso, o exdeportivista non oculta que, no momento máis delicado, chegaron a pensar que «a desaparición podía pasar. Víamos que non se chegaba a un acordo. Os xogadores non baixaban —as súas pretensións— ata onde o club quería, pero J.J. fixo un esforzo e houbo consenso».

    Un plantel identificado

    Con aquel movemento, o Boiro esquivou a primeira bola de partido, pero non a definitiva. Changui alerta da situación. «Non estamos salvados, en calquera momento pode virnos algo do revés». Son os quebradeiros de cabeza dun club que este mesmo verán camiñaba pola corda frouxa, sen presidente e co futuro en perigo. Un futuro que lle encomendou á xente da casa. A futbolistas como Cardeñosa, un nome xa consagrado na Terceira galega. «Podía seguir outro ano máis no Compostela, que vai loitar por gañar a liga e ascender», pero apostou polo Boiro. «Iso amosa o grao de implicación da xente con este club, coa afección, e a confianza que teñen depositada en min».

    Carde é un dos 16 futbolistas do plantel que son naturais do Barbanza. E tamén un dos 13 que teñen pasado no Boiro ou nas súas categorías inferiores. Coa maioría da xente da casa, o novo proxecto boirense non entende de fronteiras e tamén engancha a foráneos. Como a Óscar ‘La Magia’, nado na Coruña e comprometido coma o que máis coa causa. «É imposible non fichalo. Fichou máis el polo Boiro que eu a el. Quero esta xente no proxecto. Son xogadores moi válidos».

    O Changui xogador nunca morre

    No medio do plantel, tamén hai oco e ficha para o presidente. El explica os motivos da súa incorporación. «Víamos ilóxico que, se non atopábamos nada, estando eu aquí, non puidese participar. Preguntamos se podía ser presidente e xogador á vez, e na Federación dixeron que non había problema. Dei eu o paso e o adestrador dou o visto bo». O sorriso que se lle debuxa na cara cando fala da súa faceta dentro do verde delátao, e el non o nega. «Sigo xogando porque teño ilusión, e gústame ir hoxe adestrar, o martes… Sei que moita xente di que estou acabado, que xa non teño fútbol, que teño 41 anos e que debo irme á bancada. Deixar paso. E sempre digo: “Darei o paso o día que alguén me pase por enriba”».

    Previous ArticleEl Deportivo ya conoce fecha y hora de sus partidos contra Elche y Córdoba
    Next Article El Granada, sinónimo de problemas en Riazor
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Próximo partido
    • J. 28. 19-03. Cultural – Dépor (17:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    1 abril, 2023

    Así te contamos en directo el Unionistas 2-1 Deportivo de Primera Federación, jornada 30

    1 abril, 2023

    Sigue en vídeo y en directo el Dépor Abanca – Granada

    26 marzo, 2023

    Óscar Cano: «Hicimos una gran gestión en la segunda parte. Fuimos pacientes»

    • Entrevistas
    30 marzo, 2023

    Diego Villares: «Está bien ser polivalente, pero como tu puesto habitual no hay ninguno»

    24 marzo, 2023

    Roberto Olabe: «Cuando va mal tiran al míster, pero los que ganamos, empatamos y perdemos somos los jugadores»

    23 marzo, 2023

    Davo: «La celebración fue un cúmulo de cosas, la rabia que tienes dentro cuando quieres ayudar y las lesiones no te dejan»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.