Cumpríronse cinco anos dende o último encontro da Selección Galega

153

Riazor acolleu o 27 de decembro de 2008 o último amigable disputado entre a ‘Irmandiña’ e a selección de Irán. [email protected] [email protected] organiza hoxe un partido reivindicativo ante Occitania en Lugo.

O 29 de decembro do 2005 viu a luz o primeiro choque da Selección Galega, que tras moitos anos loitando por conseguir organizar un evento de tales características, fíxoo medíndose a Uruguai en Santiago de Compostela, e logrou derrotar os charrúas por 3-2 ante un abarrotado estadio de San Lázaro. Formaron parte daquel combinado xogadores como o madridista Diego López, ou homes como os exdeportivistas Pablo Álvarez, Borja Fernández e Deus. No banco sentáronse aquel día dos adestradores que forman o pasado e o presente do Deportivo: Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez.

Tras ese choque, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, organizáronse outros tres encontros, ante Ecuador, Camerún e Irán. Precisamente, ante este último, o partido xogouse en Riazor, un 27 de decembro hai cinco anos. Os galegos venceron por 3 a 2 con dous tantos de Nacho Novo e un do ‘chino’ Losada.

Coa chegada de Alberto Núñez Feijoo á Xunta, amparándose na bandeira da austerirade económica, deuse fin á organización deses amigables, polo que a realización de partidos desa índole quedou unicamente en mans do esforzo que [email protected] [email protected] realiza para poder conmemorar actos desa natureza anualmente.

Galicia-Occitania, hoxe en Lugo.
Este sábado 28 de decembro, no campo do Polvorín de Lugo, a partir das 20.00 horas un combinado de futbolistas galegos medirase a unha selección de xogadores occitanos, nun encontro que servirá tamén para homenaxear ao triatleta Antón Ruanova e á adestradora Pilar Neira.

Se cumplieron cinco años desde el último encuentro de la Selección Galega

Riazor acogió el 27 de diciembre de 2008 el último amistoso disputado entre la ‘Irmandiña’ y la selección de Irán. [email protected] [email protected] organiza hoy un partido reivindicativo ante Occitania en Lugo.

El 29 de diciembre del 2005 vio la luz el primer choque de la Selección Galega, que tras muchos años luchando por conseguir organizar un evento de tales características, lo hizo midiéndose a Uruguay en Santiago de Compostela, y logró derrotar a los charrúas por 3-2 ante un abarrotado estadio de San Lázaro. Formaron parte de aquel combinado jugadores como el madridista Diego López, o los exdeportivistas Pablo Álvarez, Borja Fernández y Deus. En el banquillo se sentaron aquel día dos entrenadores que forman parte del pasado y el presente del Deportivo: Arsenio Iglesias y Fernando Vázquez.

Tras ese choque, que contó con la colaboración de la Xunta de Galicia, se organizaron otros tres encuentros, ante Ecuador, Camerún e Irán. Precisamente, ante este último, el partido se jugó en Riazor, un 27 de diciembre hace cinco años. Los gallegos vencieron por 3 a 2 con dos tantos de Nacho Novo y uno del ‘chino’ Losada.

Con la llegada de Alberto Núñez Feijoo a la Xunta, amparándose en la bandera de la austeridad económica, se dio fin a la organización de esos amistosos, por lo que la realización de partidos de esa índole quedó únicamente en manos del esfuerzo que [email protected] [email protected] realiza para poder conmemorar actos de esa naturaleza anualmente.

Galicia-Occitania, hoy en Lugo.
Este sábado 28 de diciembre, en el campo del Polvorín de Lugo, a partir de las 20.00 horas un combinado de futbolistas gallegos se medirá a una selección de jugadores occitanos, en un encuentro que servirá también para homenajear al triatleta Antón Ruanova y a la entrenadora Pilar Neira.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.