O Deportivo publicou un vídeo nas súas redes sociais en conmemoración do Día de Galicia. Pouco despois de mostrar a primeira equipación deste ano, onde deixaron claro que as tres serán unha homenaxe a Arsenio Iglesias, a figura do adestrador gaña todo o protagonismo do vídeo.
En menos dun minuto, pódense ver as imaxes máis míticas de Arsenio Iglesias, acompañadas de varios futbolistas galegos do Deportivo e do Dépor ABANCA recitando unha das cantigas populares:
«Se chove, deixa chovere
se orballa deixa orballare
Por máis que chova e vente
de ti non me hei de apartare».
𝐏𝐨𝐫 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐡𝐨𝐯𝐚 𝐞 𝐯𝐞𝐧𝐭𝐞, 𝐝𝐞 𝐭𝐢 𝐧𝐨𝐧 𝐦𝐞 𝐡𝐞𝐢 𝐝𝐞 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐭𝐚𝐫𝐞.
Feliz #DíadeGalicia, deportivistas! 💙#ConArsenioNoCorazón pic.twitter.com/reZuYEct8Q
— RC Deportivo (@RCDeportivo) July 25, 2024
