O libro dos xornalistas Rosabel Candal e Xerardo Porto repasa os últimos meses vividos en torno ao deportivismo, coa afección e Fernando Vázquez como protagonistas. Preséntase mañá en Fene nun acto co xogador Juan Domínguez.
A entrega da afección deportivista é o núcleo principal do libro ‘Dépor Vida’, unha crónica en galego do acontecido na última tempada no club coruñés a modo de “lectura sociolóxica”. A pesar do desenlace, demostrouse unha vez máis que club e siareiros converxen nun sentimento tinguido de azul e branco que non se vive en todos os equipos de España. É por iso que os dous autores, Rosabel Candal e Xerardo Porto, quixeron render homenaxe a esta sinerxia.
‘Dépor Vida’ fai tamén un repaso a aquelas figuras das que é imposible esquecerse. Como non Juan Carlos Valerón, que colgou as botas nun momento de moita dor para o deportivismo pero que deixou tras de si un regueiro de recordos que xa forman parte da historia da cidade herculina. Pero quizais quen mellor marcou o rumbo deste ano foi Fernando Vázquez que, cheo de optimismo, chegou a A Coruña para espertar a esperanza daqueles que xa daban todo por perdido. O baile de adestradores e o concurso de acreedores teñen tamén un papel especial no libro.
A presentación terá lugar mañá venres, ás 19:30 horas no local social de Limodre (Fene). O acto contará coa presencia de Juan Domínguez e dos autores Rosabel Candal e Xerardo Porto. O libro está editado por Radiofusión e xa pode mercarse en varias librerías ou en Internet.
//
‘Dépor Vida’, crónica en blanquiazul de un año complicado
El libro de los periodistas Rosabel Candal y Xerardo Porto repasa los últimos meses vividos en torno al deportivismo, con la afición y Fernando Vázquez como protagonistas. Se presenta mañana en Fene en un acto con el jugador Juan Domínguez.
La entrega de la hinchada deportivista es el núcleo principal del libro ‘Depor Vida’, una crónica en gallego de lo acontecido en la última temporada en el club coruñés a modo de “lectura sociológica”. A pesar del desenlace, se demostró una vez más que club y aficionados convergen en un sentimiento teñido de azul y blanco que no se vive en todos los equipos de España. Es por eso a que los dos autores, Rosabel Candal y Xerardo Porto, quisieron rendir homenaje a esta sinergia.
‘Dépor Vida’ hace también un repaso a aquellas figuras de las que es imposible olvidarse. Como no Juan Carlos Valerón, que colgó las botas en un instante de mucho dolor para el deportivismo pero que dejó tras de sí un reguero de recuerdos que ya forman parte de la historia de la ciudad herculina. Pero quizás quien mejor marcó el rumbo de este año fue Fernando Vázquez que, lleno de optimismo, llegó a A Coruña para despertar la esperanza de aquellos que ya daban todo por perdido. El baile de entrenadores y el concurso de acreedores tienen también un papel especial en el libro.
La presentación tendrá lugar mañana viernes, a las 19:30 horas en el local social de Limodre (Fene). El acto contará con la presencia de Juan Domínguez y de los autores Rosabel Candal y Xerardo Porto. El libro está editado por Radiofusión y ya se puede comprar en varias librerías o en Internet.