Close Menu
    Facebook X (Twitter) Instagram
    RSS Facebook X (Twitter) YouTube Instagram
    Riazor.org
    • INICIO
    • RCD
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Entrevistas
      • Horarios
      • Resultados y clasificación Deportivo de La Coruña
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Dépor Fem
      • Resultados y clasificación
    • Foro Dépor
    • Patreon
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Inicio » Noticias Deportivo » Diego Gómez: «Mandáronme adestrar un ano co Celta, pero eu xa sabía que viría ao Deportivo»

    Diego Gómez: «Mandáronme adestrar un ano co Celta, pero eu xa sabía que viría ao Deportivo»

    0
    Por Redacción on 28 septiembre, 2023 Noticias Deportivo

    Diego Gómez foi un dos protagonistas da pasada fin de semana, na que tivo dobre protagonismo. O sábado debutou co Deportivo en Riazor entrando nos minutos finais do encontro co Cornellá, mentres que o domingo pola mañá foi decisivo no primeiro triunfo do Fabril esta tempada firmando dous goles e unha asistencia. O ourensán non agocha a súa emoción:

    Unha fin de semana de emocións

    «Estou moi feliz. Debutar co Deportivo foi o meu soño dende que cheguei con 14 anos. Síntome moi ledo. Tamén contento por conseguir a vitoria co Fabril o domingo, que as primeiras sempre son complicadas. Estou encantado, foi unha boa fin de semana».

    Debut en Riazor

    «Estaba moi ilusionado xa cando me mandaron quentar. Riazor, 22.000 persoas… era un soño poder entrar. Unha magoa o empate, pero quedei moi contento. É unha experiencia única. Os afeccionados viven o deportivismo que é unha tolemia. Transmiten moito e é máis fácil xogar».

    A súa chegada ao Deportivo

    «Empecei de pequeno xogado nun club de barrio, Santa Teresita. Despois Pabellón, bastante coñecido en Ourense. Ten convenio co Celta e mandáronme ir adestrar un ano con eles, pero eu xa sabía que viría ao Deportivo. Sempre foi a miña primeira opción e non quixen escoitar máis. Meus pais encantados e apoiáronme en todo momento. Sempre me gustou máis o Dépor. O tema da residencia tirábame moito. De Ourense á Coruña ou de Ourense a Vigo é a mesma distancia. Sempre fun do Dépor e iso decantou a balanza».

    O trato dos veteranos

    «Dixéronme que estivera tranquilo e que fixera como sabía. Os veteranos cóidannos moito e dannos bos consellos. Temos moi boa relación e que xente como Lucas Pérez, todo un referente, che faga bromas a diario, teña conversas contigo… axuda e da confianza».

    Posición preferida no campo

    «Agora mesmo, a miña posición preferida é onde me poñan. Estou cambiando moito. A primeira xornada co Fabril estiven na esquerda. Agora na dereita. Onde me vexa Gilsanz, a miña posición é esa. O adestrador sempre sabe a mellor posición para os xogadores dentro do campo».

    Previous ArticleLa caída libre del Fuenlabrada: de rozar el playoff en Segunda División a pelear por la permanencia en Primera Federación
    Next Article David Mella apura sus opciones para estar en el Fuenlabrada vs Deportivo
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Últimas noticias
    13 julio, 2025

    El Deportivo estrenará las dobles sesiones de entrenamiento en la segunda semana de pretemporada

    13 julio, 2025

    Fran Alonso: «Queremos escalar en la tabla y ser un equipo muchísimo más fuerte»

    13 julio, 2025

    Las Palmas ‘repesca’ a Jonathan Viera en su regreso a Segunda División

    13 julio, 2025

    Inês Pereira y un adiós amargo a la Eurocopa antes de volver a A Coruña

    • Directos
    1 junio, 2025

    Comenta y sigue en directo el Deportivo – Elche

    29 mayo, 2025

    Dépor Juvenil – Betis, en directo: sigue en vídeo la semifinal de la Copa de Campeones

    25 mayo, 2025

    Así te contamos en directo el Zaragoza 1-0 Deportivo

    • Entrevistas
    12 julio, 2025

    Así fue la temporada 24/25 en Patreon: estas fueron nuestras entrevistas

    10 julio, 2025

    Pablo Martínez y la necesidad de tener paciencia con los jóvenes: «Es muy difícil llegar un primer año y encontrar tu lugar»

    13 mayo, 2025

    Óscar Marotías: «Es una temporada inmejorable, el playoff es un premio a los chavales y al club»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    Codigo promocional codere

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2025 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de cookies (UE)

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.