Diego Villares no Deportivo vs Unionistas
Foto: Manu Laya

Diego Villares: «En breves veremos ó Quiles das primeiras xornadas»

Diego Villares, xogador do Deportivo, analizou a súa traxectoria dende que forma parte do primeiro equipo e falou de varios compañeiros.
6 noviembre 2021 - 17:20

Diego Villares foi o protagonista da semana nas entrevistas en RiazorTV. Entre outros temas, falamos con el da súa polivalencia e de como, tras arrancar a súa carreira de atacante, cada tempada xoga mais atrasado. «Velo distinto. A medida que vas indo cara atrás, ves distinto o fútbol. É reconfortante», sinala.

Consecuencia diso, o galego está gañando novas habilidades sobre o céspede. «Creo que estou mellorando na faceta defensiva, antes era un xogador distinto. Agora estou collendo iso a nivel defensivo, que me facía falta e axuda». Neste sentido, as indicacións de Borja e a compañía de Bergantiños son primordiais. «Fixarte en Álex, ou que che dea un consello, é unha marabilla. Sempre está ben colocado e sabe o que hai que facer. E a min, que veño de abaixo, sempre me axuda». Ademais de para o capitán, Villares tamén tivo boas palabras para Quiles, unha das novas fichaxes. «Ti o ves, fisicamente parecido a min, delgadiño… E o último que pensas e que teña esa calidade. Os primeiros días con el estaba flipando«. Pese o mal momento do ariete, Villares di que está «entrenando ben e en breves veremos ao Quiles das primeiras xornadas»

O rol de Villares con Borja Jiménez

Diego Villares di atoparse «cómodo» co novo míster. «Con Borja moi ben, hai moi boa relación. Sempre é claro no que me pide dentro do campo. Como entrenador é cercano», asegura o de Vilalba. Para el, este é o segundo curso co primeiro equipo. «O principio custoume mais, pero todos os compañeiros estiveron de dez. E este ano contento, xogando… e a seguir».

Villares leva xogados o 88% dos minutos, un dato que sorprende ao propio xogador. «Non sabía que era tanto», recoñece. Durante eses minutos, o canteirán ocupou moitas posicións, entre elas o lateral dereito. «Quedeime sorprendido», comenta ao lembrar o momento en que Borja díxolle que ocuparía o carril. Chegado o momento, o branquiazul falou cos compañeiros que habitualmente xogan nesa posición para pedirlles consello. «Sempre te gusta saber cómo facer isto ou aquilo para adaptarte mellor».

Diego Villares confesa a súa «incertidumbre» polo cambio de adestrador

No momento no que deu o salto do Fabril ao primeiro equipo, Diego Villares converteuse nun xogador imprescindible para Rubén De la Barrera. Pero co cambio de míster non estaba claro que o canteirán fose manter ese estatus. El mesmo recoñece a «incertidumbre» pola chegada de Borja. O primeiro que pensou foi que tocaba «loitar outra vez dende o principio. Empezas en igualdade de condicións, sen problema ningún».

Durante o verán,  o centro de campo foi unha das zonas mais reforzadas. Cómo o viviu Villares? «Os meus amigos dicíanme ‘ficharon a este, ficharon a aquel… Ten coidado’. Eu ríome. Non coñecía a Rafa ou Calavera, que son dous chavales incribles.  A partir de aí, dende a pretempada a loitar o posto dende o minuto un. Por sorte o estou conseguindo e encantado»

Ademais, o galego falou sobre posible renovación, pois finaliza contrato o vindeiro ano. «Eu estou cómodo. Quero seguir aquí porque estou cerca da casa. Pero temos que chegar a ese acordo club-Villares para ampliar algún aniño máis ese contrato».

A entrevista completa a Diego Villares, en Patreon

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].