Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces, contra los nuevos requisitos de Marathón Inferior: «Nunca poderán controlar o deportivismo»

Las nuevas normas son exclusivas para esta zona del campo y aumentan el control para los abonados con carné en ella si quieren renovar.
7 julio 2026 - 23:00

La Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces publicaron en la noche de este lunes un duro comunicado en contra de las nuevas pautas exigidas por el Deportivo a la hora de renovar los abonos en Marathón Inferior. Estos polémicos requisitos fueron enviados a través del correo electrónico exclusivamente a los titulares de algún carné en esta zona del campo. Incluyen un aumento del control en esta parte del estadio de Riazor y la presencialidad obligatoria para poder hacerse con un nuevo abono.

El comunicado completo de la Federación de Peñas, Riazor Blues y Old Faces

RESPECTO PARA OS AFECCIONADOS

‘Estimado/a deportivista:’

Así comeza o correo que acabas de recibir se a túa bancada é Maratón Inferior. Mais nós poñemos en dúbida esa suposta estima que teñen cara nós. Será de verdade un saúdo sincero cara ás persoas que integramos toda esa bancada de Maratón Inferior?

Despois de ler con detalle este correo, temos claro que esa mensaxe comeza mal desde a primeira palabra, porque a partir da seguinte liña serán evidentes as faltas de afecto cara nós.

Como socios e socias de Maratón Inferior, deberemos cumprir unha serie de esixencias que non existen para o resto do deportivismo. No inicio, sabemos que a nosa renovación terá que ser presencial, para acompañar ese trámite coa nosa identificación persoal e a sinatura dunhas condicións particulares.

Como resumo do documento achegado, podemos dicir que plasma por escrito esa persecución arbitraria que vivimos como afección na temporada pasada, especialmente nas últimas xornadas. Confirma que esa será a nosa nova normalidade e pretende que firmemos a nosa falta de liberdade.

Esta redacción pinta unha realidade imaxinaria, para solucionar problemas que non existen. Mostra unha enorme preocupación pola convivencia e a orde, cando a nosa bancada representa todo un exemplo de espazo seguro e sen incidentes.

Podemos salientar algunhas ideas coma o recoñecemento de controis específicos, as identificacións arbitrarias, a posibilidade de pechar parcial ou totalmente a nosa bancada, a prohibición de determinadas mensaxes segundo o seu criterio ou a retirada de elementos de animación.

Isto debuxa un panorama de cláusulas abusivas e disparatadas. Desde este momento, estamos a estudar as accións pertinentes a nivel legal e administrativo, para dar unha resposta desde o ámbito da avogacía.

Nós, desde xa, temos que erguer a nosa voz contra esta discriminación e mobilizarnos polo noso futuro como deportivistas. Solicitamos a vosa colaboración para reivindicar os nosos dereitos como afeccionados e afeccionadas. Como primeiro paso, pregamos que sigades esta premisa: NON RENOVAREMOS o noso abono de Maratón Inferior até que o club retire as normas que perseguen a nosa liberdade individual e colectiva.

Esperamos a vosa colaboración na procura do ben común e agradecemos o voso apoio para lograr o que nos pertence, o noso lugar no estadio. Ao mesmo tempo, exiximos unha resposta inmediata por parte do club e unha rectificación.

PODERÁN CONTROLAR O DÉPOR, MAIS NUNCA PODERÁN CONTROLAR O DEPORTIVISMO.

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].