Fernando Vázquez: “Empatar, en Segunda División, é un pouco frustrante”

313

O técnico destacou a “actitude” dos seus xogadores, pero lamentou a falta de “acerto nos últimos metros”. Ademáis, comunicou que pedirán que lle retiren o cartón amarelo a Laure e Álex Bergantiños.

Tras o empate 0-0 ante o Girona, Fernado Vázquez compareceu ante os medios para dar a súa visión do partido. Para o de Castrofeito, o principal problema foi a falla de “claridade para dar o pase definivito”, xa que pensa que os seus xogadores fan “o suficiente para levar a pelota ao borde da área”. “Non estivemos acertados nin no desmarque nin no remate”, engadiu. Pese a que o seu equipo se proclamo “campeón do Apertura”, asegurou que “empatar, en Segunda División, é un pouco frustrante” e que están nunha “minicrisis de resultados”, querendo deixar claro que a “actitude e traballo do equipo son bos”.

En canto a fichaxes, comentou que están “traballando” e que “esperamos fichar porque o necesitamos”. “Sempre hai un risco elevado de traer 3 futbolistas que realmente rindan, pero imos intentar acertar”, comentou.

Tanto Laure como Álex Bergantiños viron no día de hoxe o quinto cartón amarelo, pero o adestrador anunciou que pedirán a retirada das amonestacións xa que según él a do galego “non é nin falta”. “Ímolo pedir e a ver se temos a sorte que tivo o Atlético de Madrid. Porque ven o Las Palmas e é un xogador que nos vai facer falla”, dixo.

Para Vázquez, esta Segunda División é “incrible” e “quizáis a competición máis igualada de Europa”, pero según eso é “beneficioso” para o Deportivo.

Por último, analizou o desempeño do encargado de suplir a Culio no día de hoxe: “teño moitísima confianza no talento de Juan Carlos. Hoxe xogou na súa posición. Estamos un pouco a espera porque o chaval está un pouco falto de confianza”.

Javi López: “La sensación era que teníamos el partido donde queríamos”

El entrenador del Girona se mostró satisfecho con el punto obtenido, ya que “era momento para dar un paso al frente y creo que lo hemos dado”. Según el técnico, su equipo estuvo “muy sólido y consistente” durante los 90 minutos, contra un rival “muy bien trabajado, al que es difícil hacerle ocasiones y que rentabiliza muy bien todo lo que hace”. “La sensación era que teníamos el partido donde nosotros queríamos”, añadió. Por último destacó la actuación de Isaac Becerra, quizás el mejor de sus hombres: “tenemos portero y lo tenemos bueno, y en momentos puntuales pues nos ayuda”.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.