Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera Federación Grupo 1
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Lo del Big Data
      • Entrevistas
      • La pizarra de Chollas
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Riazor.TV
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Inicio » Noticias Deportivo » Fernando Vázquez: «Non temos máis pretensións que gañar os partidos suficientes para estar fóra do descenso»
    Foto: Fernando Fernández

    Fernando Vázquez: «Non temos máis pretensións que gañar os partidos suficientes para estar fóra do descenso»

    0
    Por Rocío Candal on 1 febrero, 2020 Noticias Deportivo

    O Deportivo sumou a súa sexta vitoria consecutiva ante a UD Las Palmas (2-1). O equipo coruñés continúa, deste modo, coa súa racha imparable. Á conclusión do partido, Fernando Vázquez, un dos principais artífices da reacción, atendeu aos medios de comunicación en sala de prensa. O técnico de Castrofeito foi franco: «Claro que estamos contentos».

    Sobre o partido

    Fernando Vázquez sinalou o evidente: «Buscamos vitorias e estámolas tendo. Hoxe non foi fácil, pero eu creo que o equipo tivo paciencia, a afección tivo paciencia, entende perfectamente o que quere dela o equipo. Para min foi un espectáculo xogar ante esta marabillla de estadio cheo de xente. Que ao final do partido a xente siga aí esperando a que o equipo saúde, foi unha sensación incrible«.

    O técnico galego incidiu en que quería «agradecer a compresión do público. Estamos nun momento… Un pouco complicado para un adestrador, para tomar descisións, o equipo mellorou, seguimos xogando coa gran maioría que estaban aquí. Decidimos facer repliegue en mediocampo, 8 metros por detrás do mediocampo, como nos pasou en Albacete. O equipo retrocede en exceso nalgúns momentos. Temos que corrixir, pero, a pesar dos pesares, por outro lado estanos dando resultado, que é o que buscamos. Estamos replegados? Si, como moitos equipos que estan aí atrás e non pasa nada. Optamos por ese tipo de defensa, quizais non estivemos brillantes sen pelota, atacábannos ben por dentro, filtraban balóns… É a UD Las Palmas, un equipo con moita calidade técnica», recoñeceu.

    Çolak, fóra de posición adrede

    Así mesmo, Fernando resaltou o papel de Çolak: «Está facendo un esforzo tremendo, está padecendo que xogamos dunha maneira determinada. Eu sei que non é a posicion na que el disfrutaría máis, temos que agradecer o seu esforzo enorme. Podería opinar que Çolak podería xogar noutra posicion pero póñoo noutro sitio adrede», incidiu.

    Sabin, Montero e Dani Giménez, tocados

    Unha das notas negativas do partido foi a lesión de Sabin Merino, Fernando referiuse a el: «Pensabamos que no descanso tiña unhas molestias nun brazo e no pescozo. Pensabamos que podía pedir o cambio aos 5 minutos do segundo tempo, aguantou e despois tivo un problema no isquio. Imos ver. O de Montero é menos importante. Un xemelgo que se lle subiu», apuntou. Do mesmo xeito, sinalou que Dani Giménez «sufriu un pouco porque ten pequenos problemas, pero ben. Agardamos que con tratamento conservador poida seguir xogando».

    Fernando, prudente

    Malia á situación na táboa, Fernando resaltou o obxectivo real do vestiario: «Gañar 7 partidos máis. Os números son gañar 7 e perder 12, fallar 12. As cousas cambiaron bastante, o único noso obxectivo é ir gañar a Alcorcón, outra final, chamádelle como queiras. Non temos máis pretensións que esa, gañar os partidos suficientes para estar fóra do descenso», dixo.

    Encantado con Mollejo

    Sobre o partido de Mollejo, Fernando amosouse «súper contento. Xa o dixen en Albacete e hoxe estivo mellor. É un chaval cun despliegue físico impresionante, non se lle pode pedir máis, sinceramente. Tiñamos a Luis (Ruiz) no banco, pero optei por Mollejo porque che dá moitísimas cousas, ten a capacidade de estar aí e romper coma un dianteiro. Non sei cal será o seu futuro, non sabía que ía facer esa función coa solvencia coa que esta facendo», manifestou.

    Acerca do seu futuro nesa posición, Fernando dixo: «É algo que eu lle vendo se o quere comprar el, para motivalo. El quere ser punta, se el ten esa capacidade, secadra as túas cualidades non dan para outra posición. É un doble camiño que ten que plantearse el. Faino perfectamente. Ten moitas cousas que mellorar, pero si que o vexo capacitado, é un camiño que pode seguir«.

    Peru, de central

    Sobre o retraso de posición de Peru, coa lesión de Montero, Fernando lembro que xa «xogaba no Athletic de central. O máis importante é o equipo e nesa situación pode ser un xogador extraordinario. O equipo está un pouoco máis equilibrado. Temos bandas máis puros, 4 dianteiros, de centrais estou ben, deixamos marchar a Lampro… Estame faltando un pouco quizais coas lesión de Salva e Simón. Equipo mellor construido e máis equilibrado en todas as posicións. Podemos xogar por dentro, por fóra… Teño recambios en todas as posicións».

    Correción defensiva

    Fernando Vázquez sinalou que o feito de cortar a sangría defensiva, é «unha situación que eu pensaba que para un adestrador é o máis fácil de resolver. E un equipo que tiña un número de goles en contra importante. Propúxenmo resolver. Por iso xogamos como estamos a xogar, xogamos para que o contrario non nos tire a porteria, recuperar e contraataque, aproveitar ás veces erros e espazos do rival. Tamén recoñezo que, coa chegada de novos xogadores, ás veces os xogadores moitos deles veñen sen partidos. Teño que ter a tranquilidade de que ás veces non teñen ritmo de xogo. Secadra equivoqueime con Uche Agbo o outro día, decidin que non xogara hoxe. O mesmo pode ser con Keko. Non é chegar e encher, hai que estar ben», apuntou.

    Beauveu e o VAR

    No treito final da súa comparecencia, Fernando Vázquez falou de Beauveu: «Demostrou as cualidades que ten, súper rápido, súper traballador, un fútbol aéreo incrible… Tiña a posibilidade de marcar 2 goles, se houbese acompasado a súa carreira co pase de Çolak, non teño ningunha queixa», puntualizou.

    Por último falou da falta de VAR. «Descoñezo por que razón non funcionaba, entereime ao final. Son pro VAR ao 100%, e polo tanto que nunha liga profesional un elemento tan importante non funcione, non me parece unha boa noticia. Parece que funcionaba dende Madrid. Non é para aplaudir, pero que eu saiba tampouco houbo xogadas polémicas«, concluíu.

    Previous Article¡Gora!
    Next Article Uno por uno: Las notas del Deportivo vs Las Palmas
    Rocío Candal
    • Twitter

    En Xogo (TVG) y Galicia en Goles (Radio Galega). Aquí, juntando letras sin que suenen mal. O intentándolo.

    Próximo partido
    • J. 1. 26-08. Dépor – Rayo M. (20.30h)
    • J.2. 02-09. Lugo – Dépor (21.30h)
    • Directos
    24 septiembre, 2023

    Fabril vs Arandina en directo: sigue en vídeo la jornada 4 de Segunda Federación

    23 septiembre, 2023

    Así te contamos en directo el Deportivo 1-1 Cornellà de Primera Federación, jornada 5

    17 septiembre, 2023

    Dépor ABANCA vs Atlético de Madrid B en directo: sigue en vídeo el partido de Primera Federación Iberdrola

    • Entrevistas
    22 septiembre, 2023

    Germán Parreño y su error ante Unionistas: «La sensación es que no era ni una ocasión y acaba siendo gol, me lo tomo como un accidente»

    21 septiembre, 2023

    Paula Gutiérrez: «Nos hubiese gustado conseguir el ascenso, pero nos tiene que servir para disputar los partidos sabiendo lo que se sufre al final»

    16 septiembre, 2023

    Álvaro Santamaría: «No puede ser que la primera derrota sea un cementerio, hay que seguir y currar»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.