Óscar Gilsanz destacou tras a agónica vitoria do seu equipo (Deportivo 1-0 Eibar) a mentalidade colectiva para ser capaz de sufrir nos malos momentos do encontro e atopar un gol no engadido que foi «un subidón» que o equipo «necesitaba».
Sensacións
«Cando se gaña cun gol no 90, as análises normalmente comezan no gol. Ese subidón que dura uns minutos, sempre se empeza por aí».
«Sempre que se gaña no desconto é un subidón. Este equipo necesitábao. Ten unha forza importante, colectiva. Necesitaba un golpe así para sacar esa adrenalina que hai sempre detrás dun equipo que traballa moito».
O gol, a balón parado
«Son accións que se falan e se traballan, pero moitas veces no campo son os xogadores os que elixen o momento. Vimos durante a semana que o Eibar, cando se circulaba por fóra, deixaba libre xogadores na frontal. Pero logo son os futbolistas os que teñen que elixir, creo que con moita frialidade e acerto, sacar un córner en corto no 91 e levarlla a Mario. É moito mérito dos xogadores».
Unha segunda parte sen control
«O partido tivo diferentes fases. Na primeira estuvimos ben, faltounos calma e acerto para atacar ese espacio na liña de medios. E aínda así tivemos situacións de profunidade con Mella e Obrador, que o aproveitamos menos. Ao final, na segunda parte houbo momentos nos que nos faltou fútbol, pero neses momentos sobrounos corazón. O equipo xuntouse, recibiu varias ocasións ben e refíxose. Foi capaz de volver atacar, xerar situacións de perigo… creo que o equipo se mantivo firme a pesar de que nun momento do partido nos faltou continuidade no xogo».
«Recibimos dúas ocasións en contra consecutivas e iso quitounos tranquilidade para circular. Pero nos últimos 15 minutos volvimos recuperar nun ida e volta que o partido estivese máis cerca da contraria que da nosa e así chegaron as situacións que deron o gol».
O cambio de Mella
«Pediu el o cambio porque tiña unha molestia no xemelgo. Xa levaba tempo pedindo o cambio, pero tiñamos a esperanza de que estaba sendo superior ao lateral e que nunha desas, dera lugar a esa ocasión. Estivo a piques».
O caso de Yeremay
«Tiña claro que ía estar porque parecía o máis sensato e normal. Eu vivino con tranquilidade porque non vía outra posibilidade de que non estivese no partido».
A figura de Helton
«Creo que temos tres grandes porteiros, moi bos para a categoría. A Helton non o vou descubrir ahora: ocupa moita portería e é moi áxil para a envergadura que ten. Fai moitas paradas e aporta moito como é lóxico. Pero creo que Germán e Eric son porterios de moito nivel e esa competencia fai que cada un sexa mellor».
Un partido moi especial a nivel personal
«Sigo dicindo que para min o importante é o equipo. Estaba o equipo pasando un momento delicado e non hai que poñer o foco en min. Para min é especial, para a miña familia tamén. Pero o club está moi por enriba e hai que poñer o foco no esforzo que fixeron os xogadores. Soubemos sufrir, estar no partido e nunha liga tan igualada como a Segunda, hai moitos partidos que se deciden a favor do equipo que sexa mellor mentalmente e que sepa esperar o seu momento».
A entrada de Obrador por Escudero
«Na primeira parte Obrador estaba moi alto porquie queríamos esas costas que descubría Yeremay. Críamos convinte que para ese percorrido, Obrador tiña esas condicións que se adaptaban ao que lle íamos pedir ao lateral esquero hoxe. Escudero fixo unha gran primera parte en Cartaxena, levou un golpe e ao principo da semana estivo coidándose un pouco. Pero temos dous grandes laterais, diferentes, e como corpo técnico temos a obriga de aproveitalos o mellor posible».
