Foto: Fernando Fernández

Gilsanz: «Gañar sempre axuda, pero só saír e ver o ambiente… Todos os xogadores están desexando xogar en Riazor»

Óscar Gilsanz destacou a importancia de gañar en Riazor nunha temporada que non está sendo sinxela nos partidos que toca xogar na casa.
9 febrero 2025 - 21:25

Óscar Gilsanz analizou en rolda de prensa a vitoria do Deportivo por tres goles a un fronte ao Almería. O adestrador de Betanzos destacou a importancia de pensar no día a día. Tamén o valor de Riazor como escenario dos partidos do Dépor, onde ata agora se lle estaban escapando os triunfos.

Sensacións tras a vitoria

«As sensacións son doces. Cando se gaña na casa coa primeira parte que fixemos é para estar contentos. Fixemos un traballo colectivo bo con ritmo alto tomando boas decisións no último terzo. Cando o Almería máis apertou tivemos que defender preto da portería. Non olvidemos que son un dos favoritos ao ascenso».

Mellor momento

«Levamos 3 partidos sen perder. Hai que ir paso a paso, pouco a pouco. Hai quince días dixen que temos que pensar no día a día e eu non penso noutra cousa. É a mellor maneira de preparar o partido e que o grupo traballe para ser mellores. Pensar en algo máis podería confundirnos. Desde que cheguei o equipo mantivo unha liña boa competindo sempre. O próximo partido vai ser moi complicado e temos que ir nesa dirección».

El partido de Eddachouri

«Zaka ten bo pe e gol. Vainos axudar nas transicións e baixando entre liñas. Son características diferentes e vainos axudar».

Ganar en Riazor

«O vestiario está atopando un bo rendemento xeral. Gañar sempre axuda, pero só saír e ver o ambiente… todos os xogadores están desexando xogar en Riazor. O ambiente e a afección fannos desfrutar de cada día. Despois hai partidos mellores e peores. Pero o xogador está desezandoo xogar aquí».

¿Soñar con algo máis?

«O que se pode soñar é con facer unha boa semana para ir a Elda e competir para gañar tres puntos. Con 35 puntos non chega para nada, hai que pensar no día a día. É a única maneira».

El gol del Almería

«Amoloume o último gol no desconto, porque a sensación foi de defender ben, pero podiamos evitar ese gol. Creo que temos que busca o equilibrio capacidade ofensiva e defensiva. É importante no fútbol en xeral e nesta categoría en particular».

Subir postos na clasificación

«Xogamos un bo partido a nivel colectivo. Quédome con iso máis que subir o nivel ou non. Estamos nunha categoría na que temos que pensar día a día. Se analizamos os resultados mirando a clasificación non entenderemos nada».

Barcia

«Os comportamentos dos futbolistas son os que nos fan elixir e estamos satisfeitos co que fixeron os futbolistas. É bo ter alternativas e sumar xogadores á causa. Necesitamos de todo o mundo».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].