Haberá Selección Galega

114

O presidente da Federación Galega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, anunciou nos micrófonos da Televisión de Galicia unha nova que moitos afeccionados levaban tempo esperando: Galicia volverá ter no 2016 selección despois de máis de sete anos sen poder xogar ningún partido. “Imos tentar que sexa antes da Eurocopa”, explicou.

Recoñeceu tamén que xa se está traballando para atopar algún rival ao que medirse nun encontro amigable, e nese sentido falou da posibilidade de enfrontarse a algún país próximo ou mesmo americano. “Temos países que están relativamente preto e estamos a traballar varias posibilidades. Tamén hai países con moita vinculación con Galicia en América”, expuxo.

O regreso da Selección Galega coincidiría así cun gran momento no que a futbolistas do máis alto nivel se refire, e é que son varios os xogadores que están a destacar nos seus respectivos equipos. Sen dúbida, o morbo poñeríao unha dianteira formada por Iago Aspas e Lucas Pérez, dous atacantes que se atopan no mellor momento da súa carreira e que son as iconas do Celta de Vigo e Deportivo respectivamente.

Pero ademais do moañés e do goleador coruñés, homes como Denís Suárez (Vilarreal), Pedro Mosquera (Deportivo), Iago Falque (Roma) ou Lucas Vázquez (Real Madrid), permitirían ao combinado galego formar un equipo altamente competitivo contra calquera rival. Oxalá estas palabras do presidente da FGF se cumpran e pronto se poida gozar do conxunto que une a todos e todas os galegos e galegas.

Habrá Selección Gallega

El presidente de la Federación Gallega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, anunció en los micrófonos de la Televisión de Galicia una noticia que muchos aficionados llevaban tiempo esperando: Galicia volverá a tener en el 2016 selección después de más de siete años sin poder jugar ningún partido. “Vamos a intentar que sea antes de la Eurocopa”, explicó.

Reconoció también que ya se está trabajando para encontrar algún rival al que medirse en un encuentro amistoso, y en ese sentido habló de la posibilidad de enfrentarse a algún país cercano o incluso americano. “Tenemos países que están relativamente cerca y estamos trabajando varias posibilidades. También hay países con mucha vinculación con Galicia en América”, expuso.

El regreso de la Selección Gallega coincidiría así con un gran momento en lo que a futbolistas del más alto nivel se refiere, y es que son varios los jugadores que están destacando en sus respectivos equipos. Sin duda, el morbo lo pondría una delantera formada por Iago Aspas y Lucas Pérez, dos atacantes que se encuentran en el mejor momento de su carrera y que son los iconos del Celta de Vigo y Deportivo respectivamente.

Pero además del moañés y del goleador coruñés, hombres como Denís Suárez (Villarreal), Pedro Mosquera (Deportivo), Iago Falque (Roma) o Lucas Vázquez (Real Madrid), permitirían al combinado gallego formar un equipo altamente competitivo contra cualquier rival. Ojalá estas palabras del presidente de la FGF se cumplan y pronto se pueda disfrutar de la escuadra que une a todos y todas los gallegos y gallegas.

Sobre el Autor