Close Menu
    Facebook X (Twitter) Instagram
    RSS Facebook X (Twitter) YouTube Instagram
    Riazor.org
    • INICIO
    • RCD
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Entrevistas
      • Horarios
      • Resultados y clasificación Deportivo de La Coruña
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Dépor Fem
      • Resultados y clasificación
    • Foro Dépor
    • Patreon
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Inicio » Entrevistas » Hugo Ríos: «Estase traballando moi ben desde abaixo, foi un ano moi bo para a canteira e para o Fabril»

    Hugo Ríos: «Estase traballando moi ben desde abaixo, foi un ano moi bo para a canteira e para o Fabril»

    0
    Por Sergio Piñeiro on 7 mayo, 2024 Entrevistas

    Co obxectivo cumprido e «unha celebración suave» para festexar a salvación, o Fabril de Óscar Gilsanz deu por pechada a tempada este domingo cunha vitoria fronte ao Oviedo Vetusta. Hugo Ríos, porteiro do filial deportivista, foi o protagonista branquiazul no A Balón Parado, onde fixo balance da campaña a nivel individual e colectivo, ademais de ‘mollarse’ sobre o partido do primeiro equipo ante o Barça Atlètic.

    Unha permanencia sufrida ata o final

    «Foi un ano complicado. Houbo moitas subidas de xogadores ao primeiro equipo, sobre todo na primeira volta cando subían moito Diego, Kevin, tiraron moito de Marotías… Debutaron máis de dez xuvenís con nós, que tamén di moito do ben que se está traballando desde abaixo. Non só desde o Fabril ó primeiro equipo, senón tamén desde o Xuvenil para subir ao filial. Deron todos o nivel e demostrouse na clasificación que todos os que subiron aportaron e foi un ano moi bo para toda a canteira e para o Fabril tamén».

    A rotación na portería

    «Foi un bo ano. Os obxectivos persoais e do equipo, que era a permanencia, cumpríronse. Os porteiros alternamos e creo que o míster tomou unha boa decisión porque creo que o rendemento dos dous foi óptimo. Cando aos dou nos tocou actuar fixémolo ben e creo que foi unha boa decisión do míster».

    A vitoria fronte ao Real Oviedo Vetusta

    «Os partidos, sexan os que sexan, tómoos con moita tranquilidade. Creo que é fútbol e por moito que te xogues vai seguir séndoo. Hai que tomalo con calma. Foi un partido difícil e sabiamos que por moito que o Oviedo estivese descendido é un filial e ten outros obxectivos. Estaba claro que non ían regalar o partido. A expulsión do seu porteiro beneficiounos e soubemos poñernos por diante. Tivemos o partido controlado e desde o 1-2 o Oviedo non volveu tirar a porta».

    A charla de Gilsanz no descanso

    «Entramos ao vestiario falando todos con todos do que estaba a ocorrer. Foi o míster o que chegou e pediu calma, que ninguén falase. Foi el quen deu un paso á fronte para darnos as claves porque era unha segunda parte na que tiñamos que dar un paso adiante. Eles estaban cun menos e tiñamos que intentar aproveitar as ocasións que tiveramos para que fose un partido tranquilo e controlado».

    A preparación durante a semana

    «Ó final foi unha semana diferente. É certo que se falaba de contra quen xogaban o resto de equipos. Traballouse como todas as semanas e os místers déronnos as claves para poder gañar. Todo saiu como se pensaba e outro ano máis en Segunda Federación, que é unha categoría que curte moito. Atópaste con equipos como o Pontevedra ou o Ourense, que están ben feitos para a categoría e está moi ben poder competir con eles».

    Sorpresas da última xornada

    «Sorprendeume bastante a derrota do Avilés, sobre todo porque o Ourense xa estaba ascendido. Había equipos galegos xogándose cousas e fixeron o seu papel como ten que ser».

    ¿Firmas o empate o domingo?

    «Non. Quero que esto acabe xa, que o primeiro equipo chegue ao fútbol profesional e todo vaia ben. Creo que o equipo vai ben preparado, o estadio vai ser unha caldeira e van lograr o obxectivo».

    A entrevista completa a Hugo Ríos no A Balón Parado

    Previous ArticleGilsanz: «Es la temporada en la que estamos más orgullosos del trabajo realizado»
    Next Article Paréntesis de Kevin Sánchez con la Sub-19 antes de reforzar al Juvenil en la Copa de Campeones
    Sergio Piñeiro
    • X (Twitter)
    • LinkedIn

    Periodista coruñés y deportivista desde el 2002 (como el Centenariazo). Me gusta contar cosas en la radio y también escribir, especialmente si es sobre el Dépor.

    Últimas noticias
    19 junio, 2025

    Jairo Noriega, en el radar del Dépor un año (y una gran temporada) después

    19 junio, 2025

    «Orden y talento», las claves detrás del éxito de Abegondo

    19 junio, 2025

    Unionistas firma al exdeportivista Oriol Riera como su nuevo entrenador

    19 junio, 2025

    Ismael Arilla: «El proceso de Kevin en el Fabril ha terminado»

    • Directos
    1 junio, 2025

    Comenta y sigue en directo el Deportivo – Elche

    29 mayo, 2025

    Dépor Juvenil – Betis, en directo: sigue en vídeo la semifinal de la Copa de Campeones

    25 mayo, 2025

    Así te contamos en directo el Zaragoza 1-0 Deportivo

    • Entrevistas
    13 mayo, 2025

    Óscar Marotías: «Es una temporada inmejorable, el playoff es un premio a los chavales y al club»

    1 mayo, 2025

    Obrador y su posible continuidad en el Dépor: «Quiero centrarme en entrenar y disfrutar lo que me queda aquí; es una opción y no descarto nada»

    17 abril, 2025

    Eva Dios: «La renovación tan larga fue un poco sorpresa y todavía no lo tengo del todo asimilado»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    Codigo promocional codere

    Kinemaland

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2025 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de cookies (UE)

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.