Foto: SD Huesca

Insua: «A opción do Dépor gústame, pero agora non está na miña man»

O exdeportivista Pablo Insua referiuse á súa posible volta á Coruña. Recoñeceu que lle gusta a idea, pero que agora mesmo non depende del
28 abril 2020 - 21:00

Coa chegada de Fernando Vidal á presidencia do Deportivo, o club coruñés volveu a fixarse en exxogadores que xa recalaran no club con anterioridade. No mercado de inverno conseguiu incorporar a un deles: a Emre Çolak, e estiveron preto de facelo outros como Pablo Insua e Celso Borges. Porén, o desexo da nova directiva non se puido facer realidade naquel momento. Este luns, o central arzuán falou en «Ao Contraataque» da Radio Galega e referiuse a ese tema.

En primeiro lugar, Insua referiuse á duración do seu contrato co Huesca, e asegurou que a súa vinculación «depende como acabe un pouco esta temporada, se houbese ascenso, se non…». Así mesmo, como tantas outras veces, non ocultou o seu desexo de volver ao Deportivo: «Esa opción gústame, pero agora non está na miña man, por así dicilo. Hai que esperar ao verán e xa se verá. Gustaríame voltar, pero haberá que esperar o momento», afirmou.

O futbolista de Arzúa tamén se referiu á crise sanitaria actual e ao posible regreso da competición: «Na miña opinión, eu son partidario de xogar, pero cando o risco sexa mínimo ou nulo. Será Sanidade quen o marque, pero eu son dos partidarios de rematar a temporada». Asemade, Insua tamén respecta aos que opinan diferente: «É entendible que haxa xogadores con dúbidas, non tanto por ti, senón por se podes contaxiar alguén que sexa de risco«, apuntou.

Segunda intentona para Insua e Borges

Recentemente, o axente de Celso Borges falaba dun posible regreso do seu representado. Nunha entrevista para EFE, Rodri Baster sinalaba que «la historia de Celso y el Deportivo no se ha acabado». Unhas palabras que lembran en certo modo ás expresadas agora por Pablo Insua. No vindeiro mercado, tanto Celso Borges coma Pablo Insua poderían ter unha nova oportunidade de volver ao Deportivo.

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].