Hoxe, a tenda Coolligan do Centro Comercial de Marineda City, acolleu a presentación en sociedade do libro “Os Nosos”, a primeira obra que recolle a historia dos xogadores que militaron no Celta e no Deportivo. Canda os seus autores, Héctor J. Pena e Noela Rey, estiveron o prologuista do libro e protagonista dun dos seus capítulos, Vicente Celeiro, e o director de DXT Campeón, Andrés Ríos.
«Os Nosos» une por vez primeira nunha única publicación todos aqueles xogadores e adestradores que teñen unha peculiar característica en común: militar durante a súa carreira no Celta e no Deportivo. #ONosoDerbi toma forma de enciclopedia persoal a piques de que se xogue o primeiro Depor-Celta desta temporada. O libro está xa á venda a través de diversas plataformas físicas e electrónicas.
Héctor J. Pena e Noela Rey, autores da obra, unen as súas paixóns (branquiazul no caso dun e celeste no caso da outra) para dar forma a un libro no que recollen as historias dos xogadores e adestradores que percorreron camiño de ida e volta entre A Coruña e Vigo. De feito, un deles, Vicente Celeiro, querido en ámbolos dous clubs e que mesmo recoñece que ten un fillo do Celta e outro do Depor, é quen lle pon as primeiras palabras a esta obra tras aceptar realizar o seu prólogo.
Moitas das historias que aparecen nesta obra, máis que descoñecidas, son inéditas. De feito, moitos afeccionados quedarán sorprendidos ao saber quen vestiu a súa camiseta. A sorpresa escóndese en cada páxina canda historias que están máis á luz, como as de Oriol Riera, Goran Djorovic, Jabo Irureta, Miguel Ángel Lotina, Fernando Vázquez, Flaco Gil, Pahíño ou Mariano. Deportivistas e celestes atoparán un perfecto entretemento e conseguirán facerse coa información máis inesperada.
Así, os lectores poderán atopar “Os Nosos” na tenda Coolligan Marineda (C.C. Marineda City da Coruña) por un prezo de 14,95 euros, así como a través do Facebook de “Os Nosos” polo mesmo prezo ou ben por 5,95 en formato PDF para eBook. Por 14,95 euros tamén se pode conseguir o libro físico na web de Amazon, que tamén conta coa versión para Kindle por 5,95 euros. O formato electrónico, neste caso en PDF, tamén se poderá conseguir en Casa del Libro por 5,95 euros.
Ademais, “Os Nosos” tamén estará dispoñible en librerías da Coruña, Vigo e Santiago por un prezo de 14,95 euros.
- A Coruña
o Couceiro (Ronda de Outeiro, 125 e Ronda de Outeiro, 248)
o Carballido (avenida da Concordia, 4)
o Azeta (praza José González Dopeso, 1)
o Terra (praza do Conservatorio, 2)
o Arenas (Cantón Pequeno, 25)
o Suevia (Vila de Negreira, 32)
o Berbiriana (rúa de Santiago, 7)
- Vigo
o Don Bosco (Venezuela, 5)
o Celta (avenida de Balaídos, 69)
o Cartabón (Urzáiz, 125)
o La Guía (Sanjurjo Badía, 116)
o Lafer (Urzáiz, 184)
o Vigo (Joaquín Loriga, 2)
- Santiago
o Follas Novas (Montero Ríos, 37)
Sorteo do libro «Os Nosos»
Coolligan, patrocinador oficial esta tempada de Riazor.org, cedeu varios exemplares para sortear entre todos os que se apunten a ese sorteo.
Os ganadores terán que recoller os seus exemplares na tenda Coolligan de Marineda.
[sorteo id=»12″][/sorteo]