Close Menu
    Facebook X (Twitter) Instagram
    RSS Facebook X (Twitter) YouTube Instagram
    Riazor.org
    • INICIO
    • RCD
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Entrevistas
      • Horarios
      • Resultados y clasificación Deportivo de La Coruña
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Dépor Fem
      • Resultados y clasificación
    • Foro Dépor
    • Patreon
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Inicio » Noticias Deportivo » Riazor Blues carga contra a directiva e sinala a Carmelo del Pozo
    Foto: Pecas

    Riazor Blues carga contra a directiva e sinala a Carmelo del Pozo

    0
    Por Redacción on 2 octubre, 2019 Noticias Deportivo

    Desde Riazor Blues publicaron un comunicado na véspera do partido contra o Girona. A agrupación sinala á directiva como culpable da actual situación, centrando as críticas en figuras como a de Tino Fernández ou Carmelo del Pozo. Apuntan, ademais, que non se trata dun simple comunicado e que están estudando outras medidas de cara ao futuro do club.

    https://twitter.com/RB1987Oficial/status/1179489909020725250/photo/1

    Na Coruña non se pediu nada que non fose defender o escudo e os seus intereses con nobreza e lealdade. Quedando nun segundo lugar o resultado no terreo de xogo sempre e cando xogadores e directiva defendesen o club, centenario e un dos nove campións de liga, deixando ata a súa última gota de suor.

    Todo comezou hai cinco anos coa elección de Constantino Fernández como presidente do noso Real Club Deportivo da Coruña. Nese momento comezou o secuestro do noso club. Vendeuse aos poderes de Madrid dando as costas aos seus e logo de bater todos os records negativos do club, sen esquecer que ostenta o dubidoso mérito de ter 10 adestradores diferentes en 6 temporadas e un descenso sendo o 13º límite salarial da liga, non tivo outra que abandonar a presidencia.

    Fracasos que por outra parte, nunca fixeron que esta afección dese as costas ao club dos seus amores, se non máis ben todo o contrario, mostrando unha vez máis que nas malas está a morte co equipo. A transparencia tampouco foi o seu forte e que tras vender a moto de «no económico ben», a verdade é que nos atopamos unha realidade ben distinta, xa que o dito respecto ao financiamento do préstamo para pagar a débeda difire dos datos emitidos nun primeiro momento, sendo estes últimos máis desfavorables.

    Obrigado a deixar o club, decidiu quen ía ser o futuro presidente do deportivo, impedindo unhas eleccións democráticas e coloca a Paco Zas, perpetuando o futuro do club. Así é como Constantino se asegurou seguir vinculado ao Real Club Deportivo e é que ser presidente dun club ten moitas vantaxes economicas como por exemplo o ascenso do valor da súa empresa, Altia.

    Para falar do fracaso deportivo hai que nomear o terceiro integrante desta banda: Carmelo del Pozo. Chegado da man de Tino Fernández e tras o fracaso do ano pasado, onde co terceiro tope salarial do campionato foi incapaz de acadar o obxectivo do ascenso mais o seu labor foi ratificado por Paco Zas nada máis ser elixido presidente. ( Decisión persoal ou tamén o deixou atado Tino?)

    As formas deste señor co deportivismo distan moito dos valores que debería ter o noso club, botando pola porta de atrás e sen opción a nada a xogadores que sentiron as nosas cores. A súa arrogancia é tal que mesmo invadiu parcelas coma a do adestrador e a dos servizos médicos, despedindo a persoal que non estaba ao seu cargo.

    Desde aquí pedimos loita, entrega e deportivismo no campo. Que a xunta actual, ante a incompentencia máis que demostrada, deixen paso a nova xente que aporte ilusión, dignidade transparencia, respecto a o noso clube. Queremos un Deportivo libre, democrático e sen marionetas manexadas por caciques desde as sombras.

    Os de sempre, os que loitarán sempre polo orgullo, a identidade e a historia do Real Club Deportivo.

    Esta denuncia non quedará simplemente nun comunicado, en breve informaremos das medidas a tomar polo grupo de cara ao futuro do club.

    Previous ArticleGrecia convoca a Lampropulos y no estará contra la UD Las Palmas
    Next Article El Deportivo saltará a Montilivi con solo un punto sobre el colista
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Últimas noticias
    13 junio, 2025

    El buen recuerdo de Hidalgo en Sabadell: «Es el mejor entrenador en la historia del club»

    13 junio, 2025

    Así puedes ver tu resumen como aficionado de la temporada del Deportivo

    13 junio, 2025

    Los recién ascendidos mueven ficha: renovaciones y despedidas en la Cultu y el Ceuta

    13 junio, 2025

    El Dépor ABANCA ya conoce las principales fechas del calendario de la próxima temporada en Liga F

    • Directos
    1 junio, 2025

    Comenta y sigue en directo el Deportivo – Elche

    29 mayo, 2025

    Dépor Juvenil – Betis, en directo: sigue en vídeo la semifinal de la Copa de Campeones

    25 mayo, 2025

    Así te contamos en directo el Zaragoza 1-0 Deportivo

    • Entrevistas
    13 mayo, 2025

    Óscar Marotías: «Es una temporada inmejorable, el playoff es un premio a los chavales y al club»

    1 mayo, 2025

    Obrador y su posible continuidad en el Dépor: «Quiero centrarme en entrenar y disfrutar lo que me queda aquí; es una opción y no descarto nada»

    17 abril, 2025

    Eva Dios: «La renovación tan larga fue un poco sorpresa y todavía no lo tengo del todo asimilado»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    Codigo promocional codere

    Kinemaland

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2025 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de cookies (UE)

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.