Riazor Blues convoca unha concentración o venres como protesta pola «peor tempada da historia»

Riazor Blues convocou unha concentración este venres antes do Deportivo - Málaga na porta 0 de Riazor para protestar pola tempada que está facendo o Deportivo, tanto a nivel futbolístico como institucional.
3 abril 2018 - 15:35

Unha protesta pola que xa é a peor tempada da historia do Deportivo. Esa é a convocatoria que fixeron os Riazor Blues a través da súa conta oficial en Twitter. A agrupación convocou á afección herculina na porta 0 do Estadio de Riazor este venres 6 de abril antes do Deportivo – Málaga (20:15 horas).

«Este venres ás 20:15 faremos unha concentración na porta 0 en protesta á que xa é a peor tempada da nosa historia, seguimos dando vergoña día tras día no deportivo e no institucional. O RCD merece un respecto, recuperémolo!», reza o tuit que publicaron o martes. Unha crítica que vai dende o que está a acontecer no céspede ata os despachos, falando de «vergoña» polo rendemento no que vai de curso.

Málaga e Deportivo, con 17 e 20 puntos respectivamente, son os candidatos con máis opcións de baixar á Segunda División. Na loita tamén está a UD Las Palmas, con 21 puntos. O Levante, con 28 e fora dos postos de descenso, conseguiu un bo colchón cando restan poucas xornadas. Unha vitoria do Málaga en Riazor colocaría aos herculinos na última posición.

O equipo de Seedorf leva sen gañar dende principios do pasado mes de decembro, cando lograra derrotar por 1-0 ó Leganés en Riazor. Coa última derrota, o holandés igualou o peor debut dun técnico co conxunto galego en Primeira División. O Deportivo sumou 3 dos 24 puntos en xogo dende que se fixo cargo do equipo en substitución de Cristóbal Parralo, agravando unha profunda crise que provocou que a afección convoque esta concentración.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].