Sete anos despois, Galicia volverá a disputar un partido amistoso. O rival será Venezuela, unha selección que anda a preparar a súa participación na Copa América.
Aínda que a convocatoria quedouse en 17 xogadores polas baixas de homes como Álex López, Roberto Lago, Trashorras, Santi Mina e Barragán; un dos maiores alicientes é poder ver no mesmo equipo a xogadores como Iago Aspas e Lucas Pérez. Dous xogadores do Celta e do Deportivo que esta tempada brillaron con luz propia, ao terminar o curso con 14 e 17 goles respectivamente.
Ademáis, será un partido no que regresará Fran a Riazor. Tamén o fará Míchel Salgado, un dos emblemas do Celta nos últimos anos. Sete anos despois, regresa unha selección galega que o fará vestida cunha equipación branca, recordando á que luciu moitos anos atrás.
Vive y comenta el partido con nosotros: