Erlantz Ibarrondo: “As multas carecen de sustento xurídico”

196

O avogado que defende aos afeccionados branquiazuis implicados na liorta que tivo lugar nas inmediacións do Vicente Calderón, deu a coñecer a súa opinión sobre as novidades que se produciron nas últimas semanas.

Durante o último mes, 54 seguidores deportivistas dun total de 70 aos cales representa o avogado Erlantz Ibarrondo, recibiron as correspondentes notificacións nas que se lles comunican sancións por importe de 60.001 € euros a cada un deles. Ante estes feitos, o avogado madrileño quixo expresar as súas impresións a través dunha entrevista concedida ao portal Sermos Galiza.

Na devandita entrevista, Erlantz Ibarrondo entrou a valorar estas sancións, que ao seu xuízo “rozan a prevaricación” porque chegan como consecuencia dun atestado policial no que se recoñece que a policía chegou minutos máis tarde de que se producisen os feitos. “Sanciónase a esas persoas sobre a base de elucubracións“, dixo o avogado, quen basea as súas afirmacións en circunstancias tales como que eses afeccionados fosen identificados a “quilómetro e medio do lugar dos feitos”.

Tamén mostrou a súa estrañeza ante as diferentes consecuencias que están a carrexar aqueles incidentes aos afeccionados dun e outro equipo. “Actualmente non me consta ningunha multa a afeccionados do Atlético, polo que agora mesmo hai 54 multas fronte a cero cando, curiosamente, as persoas feridas e o asasinado eran afeccionados branquiazuis“.

O avogado non deixou pasar a ocasión de cualificar como “neglixencia” o feito de non ter declarado aquel encontro como de alto risco, algo que ao seu xuízo “foi un erro evidente, non sei de quen, pero por moito menos se declararon como tal outros partidos”.Tamén quixo deixar claro que non se tratou dunha pelexa previamente concertada. “Quedada seguro que non foi. A propia policía así dio e non hai ningún documento dentro do procedemento que o indique”.

Por último, non quixo entrar a valorar as contradicións nas investigacións policiais, pero lamentouse de non dispoñer de máis medios económicos “para poder pedir máis probas”.

ERLANTZ IBARRONDO: “LAS MULTAS CARECEN DE SUSTENTO JURÍDICO”

El abogado que defiende a los aficionados blanquiazules implicados en la reyerta que tuvo lugar en las inmediaciones del Vicente Calderón, ha dado a conocer su opinión sobre las novedades que se han producido en las últimas semanas.

Durante el último mes, 54 seguidores deportivistas de un total de 70 a los cuales representa el abogado Erlantz Ibarrondo, han recibido las correspondientes notificaciones en las que se les comunican sanciones por importe de 60.001€ euros a cada uno de ellos. Ante estos hechos, el abogado madrileño ha querido expresar sus impresiones a través de una entrevista concedida al portal Sermos Galiza.

En dicha entrevista, Erlantz Ibarrondo entró a valorar estas sanciones, que a su juicio “rozan la prevaricación” porque llegan como consecuencia de un atestado policial en el que se reconoce que la policía llegó minutos mas tarde de que se produjesen los hechos. “Se sanciona a esas personas en base a elucubraciones”, dijo el abogado, quien basa sus afirmaciones en circunstancias tales como que esos aficionados fuesen identificados a “kilómetro y medio del lugar de los hechos”.

También mostró su extrañeza ante las diferentes consecuencias que están acarreando aquellos incidentes a los aficionados de uno y otro equipo. “Actualmente no me consta ninguna multa a aficionados del Atlético por lo que ahora mismo hay 54 multas frente a cero cuando, curiosamente, las personas heridas y el asesinado eran aficionados blanquiazules”.

El abogado no dejó pasar la ocasión de calificar como “negligencia” el hecho de no haber declarado aquel encuentro como de alto riesgo, algo que a su juicio “fue un error evidente, no sé de quién, pero por mucho menos se han declarado como tal otros partidos”. También quiso dejar claro que no se trató de una pelea previamente concertada. “Quedada seguro que no fue. La propia policía así lo dice y no hay ningún documento dentro del procedimiento que lo indique”.

Por último, no quiso entrar a valorar las contradicciones en las investigaciones policiales, pero se lamentó de no disponer de más medios económicos “para poder pedir más pruebas”.

Sobre el Autor