Fernando Vázquez: “Este é un deses empates que nos podíamos permitir”

201

O de Castrofeito destacou a “calidade” do rival do Deportivo, e dixo estar “bastante contento” co resultado e o traballo do seu equipo.

Coma sempre despois de cada partido, Fernando Vázquez atendeu aos medios de comunicación e amosouse “bastante contento” a pesar de non gañar o partido ante o Barcelona B. “Non estou disgustado. Este empate entra dentro dese número de empates que nos podemos permitir. Non imos ter ningún rival como o Barça B na liga”, dixo. Precisamente sobre o conxunto blaugrana volveu a comentar que “é un rival diferente” e que por iso utilizou “unha estratexia diferente”, antes de asegurar que “o partido saiu como esperaba. Absolutamente, clavado. As nosas opcións eran presionar arriba e roubar alto, e se non podíamos, retrasarnos. E iso foi o que fixemos. Para gañar faltou facer un gol, pero balóns para facelo si que tivemos.”.

Por outro lado, preguntado sobre se saiu a non perder, quixo ser claro: “creo que dicir que saín a non perder é mentira. Eu saín a gañar. Xoguei para gañar o partido. Iso está claro. Ademáis o equipo amosouno no terreo de xogo, ante un rival moi complicado. Un rival con moitísima calidade, que marcou en case todos os campos… Sufrimos, pero fomos de menos a máis e puidemos gañar”.

Sobre Sissoko, que cando saltou ao campo mellorou o xogo dos coruñeses, comentou que “pocuco a pouco vaise achegando a un bo estado de forma” e que “é intelixente e técnicamente moi correcto, e iso pouco a pouco está aflorando”. “Agora ten que seguir mellorando ata que eu pense que está para ser titular”, engandiu.

Por último, sobre a inmensa igualdade da competeción e o que lle custa ao Deportivo superar aos distintos rivais, afirmou que “nós non estamos sendo brillantes pero temos certa regularidade“. “O ideal ao comezo da tempada era chegar ao final no pelotón de arriba, e iso si o conseguimos”, sentenciou.

Eusebio Sacristán: “Nosotros tenemos una manera de jugar que obliga mucho a los rivales a replegarse”

El técnico del Barça B se mostró “satisfecho” con el partido de su equipo, ya que según él jugaron “un partido de verdad”. “En un gran campo, con mucha afición, mucha historia, ante un rival aspirante al ascenso, compacto, con experiencia… Un partido de verdad”, dijo.

Por otro lado, en cuanto al desarrollo del juego destacó que en la primera mitad su equipo tuvo “más control y dominio”, y que en el segundo “el Dépor apretó mejor y llegó más”. Por último, preguntado por el planteamiento de Fernando Vázquez, reconoció que no le sorprendió demasiado: “es un sistema que ya han utilizado últimamente, y además nosotros tenemos una manera de jugar que obligamos mucho a los rivales a replegarse, y si intentas abrirte más contra nosotros puedes tener riesgos”.

Sobre el Autor

Comentarios están cerrados.