Foto: Fernando Fernández

Fernando Vázquez explica a labor individual do adestrador: «Dígollo aos xogadores. Cando vos deixe, cada un de vós vai ser mellor»

Fernando Vázquez reflexiona sobre o papel das categorías inferiores e ademáis sobre un obxectivo en particular, facer mellores os seus xogadores.
16 abril 2020 - 23:16

Fernando Vázquez foi o protagonista con Moncho Fernández dunha charla organizada por un dos principais patrocinadores do club. O adestrador do Deportivo reflexionou sobre o papel das categorías inferiores no conxunto branquiazul, ademais destaca que o seu obxectivo é facer mellores os xogadores.

«Hai que diferenciar un pouco. Eu diferencio a labor do adestrador, que é facer un gran equipo, pero ten unha labor individual que é facer mellor a cada xogador. Eu dígollo aos xogadores, cando eu vos deixe, cada un de vós vai ser mellor. Ese é un traballo que o técnico ten que asumir. Despois tamén hai outra cousa. Chegas a un club e tes dous niveles: o profesional, se estás satisfeito co equipo e estás contento, non tes outro tipo de inquietudes, traballas co que tes. Pero eu sempre tiven a inquietude de mirar para abaixo. Un adestrador completa todo o conxunto que é un equipo de fútbol. As categorías inferiores non terían sentido se o primeiro adestrador non lle da sentido. Desaparecerían as canteiras se os adestradores non puxeran canteiráns».

Tamén destacou que se fala «máis da canteira do Celta que do Deportivo, como se a do Dépor estivera desaparecida. No Celta hai xogadores que soben e no Dépor soben poucos. Esa é a labor dun primeiro adestrador e fágoo con total normalidade e tranquilidade. O que fai falta é que os xogadores teñan talento. Despois eu escollo aos que teñen talento. A partir de aí, doulles confianza, comunicación, amizade. Hai que saber cando os tes que poñer… eso son un pouco as claves. E, ao final, que o xogador demostre que é mellor có que tes, ca un profesional. Súboo a adestrar un tempo antes e os propios profesionais xa che din «que bo é o rapaz!». Aí xa tes o visto bo do equipo, xa saben que o adestrador non fai unha parvada porque o rapaz xa o demostrou», finalizou.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].