O adestrador do Deportivo relaciona directamente o traballo deportivo co administrativo. “Se ascendemos, teremos máis cartos para pagar ós acredores”.
Fernando Vázquez non pode ocultar a súa preocupación polas “dualidades paralelas” que se están a vivir no Real Club Deportivo. Por unha banda, “pechar un convenio importante para o futuro” do club, e por outra a situación deportiva. “O equipo está cumplindo, necesita apoio, somos lídere e temos a oportunidad de ser o campeón de inverno”, asegurou.
Para o de Castrofeito, “ir primeiro é unha responsabilidade” por unha sinxela razón: “porque o futuro está tamén no aspecto deportivo” no que tamén inflúe a marcha de Juan Emmanuel Culio. Calificou a marcha do arxentino de “complicada” pero “hai que ter a capacidade de sacarlle vantaxe á pasta que imos a recibir para non só igualar, senón mellorar o rendemento do equipo”.
En relación con este tema, Vázquez considera que “é de sentido común que si o diñeiro vai para reforzarse e achegarse á Primeira División, haberá mais cartos para pagar aos acreedores” en un plazo non moi afastado. Todo esto, dando “por seguro que a pasta recibida por Culio vai ser usada para tema deportivo. O obxectivo é conseguir algo que nos poda garantir de forma fiable o ascenso”, e advertiu que “en xaneiro é moi difícil reforzarse. Hai que ter calma e non precipitarse” e engadiu que teñen varios xogadores na lista de candidatos, entre eles Ibagaza.
Sobre os temas administrativos, o técnico branquiazul síntese molesto polo feito de que xogadores e persoal do club estean sen cobrar os seus salarios. “A sensación é de desasosiego, espero que sexa transitorio ainda que estou perplexo. O administrador non creo que se marche sin solucionar iso. Se cadra sonrío menos que antes, pero estou centrado e forte. Eu teño ganas de que esto se acabe”, confesou Vázquez.