Fernando Vázquez: «O momento de empezar a xogar con dous dianteiros non está lonxe»

Fernando Vázquez analizou a previa do Deportivo vs Coruxo e pensa que pode chegar pronto un cambio para xogar con dous dianteiros.
6 noviembre 2020 - 15:00

Fernando Vázquez segue dándolle voltas ao plan do Deportivo para xogar contra o Coruxo e a conto dunhas preguntas por Adri Castro e Miku, o técnico afirmou que está esperando o momento para cambiar de sistema. Sobre o canteirán explica que «estou intentando que sexa un xogador más completo, que valore todos os conceptos do fútbol. Estou encantado porque é un rapaz que se entrega e a súa actitude é extraordinaria«. Ve ao venezolano achegándose á súa mellor forma, «cada día está mellor porque traballa de forma incrible. Adestra perfecto e despois segue traballando. Pero hai un factor colectivo que se adquire xogando partidos«. Para Vázquez, para os dous «multiplicaranse as opcións cando empece a xogar con dous puntas. Fareino cando considere que a incorporación dun segundo punta me da máis pros que contras e ese momento non está lonxe«.

O de Castrofeito ten máis dúbidas coa zona defensiva, na que lamenta os problemas de Granero e o resto de lesións: «Ten un problema no xeonllo e esta semana non puido adestrar. Mañá tomaremos unha decisión, vai depender de como se encontre. Temos solucións, aínda que teño que recoñecer que nunca me pasara de ter ao lateral dereito, ao esquerdo e a dous centrais lesionados ao mesmo tempo. É algo que limita bastante e baixa o rendemento do equipo».

Con respecto ao partido, Fernando Vázquez espera a un Coruxo que queira o balón e a súa meta é que o Dépor se pareza ao que por momentos foi na primeira xornada: «Gustaríame que ese segundo tempo contra o Salamanca fose o primeiro tempo contra o Coruxo. Unha actitude coa que, independentemente do resultado, o equipo mostre forza, enerxía e agresividade. Que o equipo sexa máis harmónico no terreo de xogo e que o seu fútbol teña máis continuidade».

A importancia de coidarse ante a pandemia

Moitos equipos no resto de España comezan a acumular positivos por coronavirus e algúns equipos incluso pediron que a competición parase. Fernando Vázquez non cre que esa sexa a solución e destaca o traballo que está realizando o Deportivo para manterse lonxe da enfermidade: «Teño un equipo médico que fai un traballo extraordinario, que conciencia aos futbolistas de que non estar contaminado é algo que xa pode dar puntos. Todos somos conscientes de que non podemos cometer erros si queremos estar onde queremos estar. A situación externa dos futbolistas despois dos adestramentos é moi importante para a competición. Noutros momentos ao mellor non tiña tanto valor, pero neste momento, ter aos xogadores intactos potencia de forma extraordinaria as nosas posibilidades«.

Último partido de sanción para Fernando Vázquez

Fernando Vázquez cumprirá ante o Coruxo o seu último partido dunha longa sanción de nove encontros. O técnico mostrase arrepentido: «Tiven moito tempo para pensar e evidentemente coincidiu ademais con momentos moi importantes para o Deportivo. Non vou dicir que estou avergoñado, pero si que foi un erro importante e do cal saco conclusións e espero que non volva pasar. Aínda que nalgún momento é inevitable. Sentín impotencia nalgún momento. Teño moitas gañas de volver e penso volver para non recaer».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].