Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Noticias Deportivo»Fernando Vázquez: «Non entendo por que crea polémica xogar con defensa de cinco»
    Fernando Vázquez
    Foto: Fernando Fernández.

    Fernando Vázquez: «Non entendo por que crea polémica xogar con defensa de cinco»

    0
    Por Redacción on 4 diciembre, 2020 Noticias Deportivo

    Fernando Vázquez continúa dándolle voltas ao sistema que empregará no Pontevedra vs Deportivo. Ante a posibilidade de saír cunha defensa de cinco, preguntóuselle ao adestrador que lle parecen as críticas automáticas a ese debuxo: «Paréceme unha crítica absurda e de pouco coñecemento futbolístico. Mirade no fútbol internacional, cantos equipos o xogan… e xogaron sempre. Non me considero un adicto ou un superfan do sistema de tres centrais. Pero segundo as circunstancias, síntome na liberdade de poder utilizalo. E non é para defender mellor, ás veces tamén e para ter solucións mais doadas en ataque. Ademais, se estivera nun equipo no que xogar con tres centrais fora un pouco raro, entendería que os afeccionados se estrañasen. Pero nun club coma o Dépor, que ademais se fixo grande xogando así… non entendo moi ben por que crea polémica. Pero cada un que opine o que queira».

    O de Castrofeito falou tamén do 4-4-2 en rombo que propuxo ante o Racing e os puntos fracos que pode verlle: «Traballo necesitan todos os sistemas. Hai algúns que son máis seguros para organizarse en defensa. Un rombo ten máis problemas porque ten lagoas a nivel defensivo, porque centras moita xente en mediocampo e tes que estar moi coordinado para que non che fagan dano. O rival pode xogar por fora con dous e facerche dano. Ten problemas de organización defensiva para ser estable, pero dáche moito a nivel ofensivo. Non hai un sistema perfecto».

    Recoñece Fernando Vázquez que o seu obxectivo é ser un equipo máis profundo, que finalice máis xogadas, pero sen perder a solidez atrás: «Non ten sentido destruír algo que fas ben en beneficio de algo que nunca se sabe. Quero un equipo equilibrado. A excelencia sería controlar o partido perfectamente, que non che fagan ocasións e que si as fagas con cerca continuidade. Sempre construín equipos que teñan certa seguridade, porque se non controlas o partido é perigoso. A teoría da manta está ben, pero hai que asumir riscos controlados para crear ocasións sen que a ti che toquen a cara«.

    Fernando Vázquez recorda a Romay e a importancia da súa baixa

    Fernando Vázquez tamén tivo palabras para Romay, ao que tivera durante un verán facendo a preparación co primeiro equipo do Deportivo: «Teño falado moito con el. Era un rapaz que me gustaba, quizá despois me puido ter decepcionado porque esperaba un pouco máis del. Cheguei a ter falando con el e parecía que podería ter dado cousas importantes no Deportivo. Adestrou co primeiro equipo, xogou partidos… pensaba cousas positivas del. E o Pontevedra está notando que é un bo futbolista. Dalle algo moi especial, espero que non sexa unha baixa longa porque é unha perda importante para eles«.

    ¡Únete a nuestro Patreon!
    Previous ArticleFernando Vázquez repite convocatoria para viajar a Pasarón
    Next Article Pontevedra vs Deportivo: alineaciones, horario, TV, dónde y cómo ver online
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Próximo partido
    • J. 22. 04-02. Dépor – Mérida (19:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    4 febrero, 2023

    Sigue en directo el Deportivo – Mérida de Primera Federación, jornada 22

    1 febrero, 2023

    Sigue en vídeo y en directo el Dépor Abanca – Athletic Club B

    1 febrero, 2023

    Sigue en directo la rueda de prensa de Carlos Rosende tras el mercado de fichajes de invierno

    • Entrevistas
    7 febrero, 2023

    Sandoval, presidente de Unionistas: «Lo de volver a la Segunda B es un órdago»

    26 enero, 2023

    Alfredo Santaelena: «En Riazor, el Deportivo tiene que ser un equipo arrollador»

    25 enero, 2023

    Ángel Puerto explica por qué «goza» defendiendo

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.