Fernando Vázquez: “Se este partido fora sen público quizá non tiveramos gañado”

0

Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo, xa sabe o que é gañar co Deportivo en Segunda División B. Os coruñeses dobregaron ao Salamanca UDS cun gol de Eneko Bóveda no desconto.

“Foi o primeiro partido, polo tanto digamos que esa tensión de inicio nunha categoría descoñecida para nós afectounos bastante. Estivemos bastante tensos, con pouca fluidez. Se este partido fora sen público quizá non o tiveramos gañado. Creo que quen nos fixo gañar foron os 3.000 afeccionados de Riazor, que a min me fixeron parecer o campo cheo. Impresionante esta primeira manifestación da afección. Foi incrible e quérolles agradecer todo o apoio que mostraron”.

En canto o análise do encontro, “non foi un partido espectacular pola nosa parte. Temos que mellorar moitísimo, o equipo tense que desenvolver doutra maneira. Un fútbol máis fluído, máis rápido. O que nos di o Salamanca é que tipo de partidos vamos a enfrontar. Fáltanos chispa, electricidade en case todos os xogadores e, polo tanto, o potencial do equipo está por ver.

As súas verbas ao equipo no descanso

“Fixen as correccións que, claro, non estou na banda, costa máis traballo, é difícil explicar matices de como mover a pelota. No descanso tiven ese momento e expliquei algunhas cousas”.

“A prioridade é que os futbolistas se sintan ben e estean no estado de forma axeitado. A partir de aí mellorar a nivel colectivo. Fomos recibindo futbolistas, van chegando xogadores e falta traballar o colectivo para mellorar aspectos”.

As achegas individuais

“Non estamos dando a nivel individual aínda o nivel que creo que teñen todos os xogadores. E tampouco colectivo por falta de adestramentos. Estes partidos darannos ese ritmo competitivo que necesitamos e perfeccionar o fútbol ofensivo do equipo que é o que temos que mellorar”.

O papel de Gandoy

Gandoy ten unhas calidades que non son exactamente as de Alex, Uche e Borges. Polo tanto, foi unha nota positiva. Saíu enchufado e fixo o que sabe facer”.

O triple cambio

“Fixen os cambios por moitos motivos, non só un. Tanto Borges como Nacho estaban con cartón, coñezo o estado de forma dos dous. Polo tanto, buscaba non me quedar con un menos. Seguir sumando forza no centro do campo, a organización de Uche e a chispa de Keko para balóns intermedios”.

As solucións tácticas

“Son cousas que xa tiña probado, xa tiña adestrado, fáltame afondar. Temos dous xogadores como Keko e Lara, a partir de aí, se por eles dous pasa o partido e queres modificar, non tes máis remedio que modificar con xogadores de corte diferente, con futbolistas de máis xogo interior como Borja Galán ou Gandoy”.

O equipo non se rende

“O equipo estaba tenso ao principio, sempre estás nervioso ao principio, non sabes cal é o teu nivel. Tiñas que ver o ambiente no vestiario, parecía que gañaramos unha final. O equipo soltou amarras no vestiario, estaba contento, feliz e nese sentido… temos un grupo extraordinario. Relaciónanse de forma perfecta entre eles e esa característica vaina ter sempre. Un equipo peleón, traballador e esperemos que invulnerable”.

Sobre el Autor

Equipo de redacción de Riazor.org.