Foto: Fernando Fernández

Gilsanz: «Non se pode recriminar nada en canto a actitude e gañas; é unha mágoa e toca felicitar ao Ourense»

Óscar Gilsanz analizou a derrota pola mínima no Couto ante o Ourense CF que deixou ao Deportivo fóra da Copa do Rei un ano máis.
4 diciembre 2024 - 22:33

Óscar Gilsanz analizou en rolda de prensa a derrota do Deportivo na Copa do Rei ante o Ourense CF. O técnico betanceiro destacou o rendemento dos xogadores menos habituais, pero lamentou non poder continuar no torneo tras caer no Couto.

Eliminación da Copa do Rei

«Lóxicamente, cando un perde e sae derrotado, sempre é unha decepción. Máis nun torneo como a Copa. Fastidiado porque creo que o equipo fixo un bo partido. Creo que estivo en todo momento coa situación controlada… O Ourense CF viña de tres partidos seguidos gañando, cun xogo moi combinativo, moitas chegadas… Tratamos de levar a iniciativa, quizá nos faltou profundidade e algo máis en último tercio. Pero creo que os futbolistas que xogaron hoxe no meu equipo, que viñan con poucos minutos, xogaron un bo partido e non se pode recriminar nada en canto a actitude e gañas. A mágoa tamén que o gol chegara no 87. É unha mágoa e toca felicitar ao Ourense».

«Tiñamos xente no banco que podía darnos un pouco máis de profundidade, aproveitando tamén o seu cansancio. Tratamos de dar profundidade, un para un con Mella e Lucas, pero ao final, tivemos un par de ocasións neses últimos 10 minutos, pero nun córner márcannos. Agora toca pensar na Liga, porque temos moito traballo por diante para seguir tendo un bo rendemento en canto a puntos».

Sensacións tras o partido en Ourense

«Tivemos o dominio do balón, pero non profundidade. Non fomos capaces de atacar a última liña. Os partidos de Copa, sempre que se xoga ante un rival de inferior categoría hai moitas cosas que igualan o partido. Sabíamos que iamos ter un rival enfronte que nos poría as cousas complicadas e sobre todo a xente que ten poucos minutos na liga, tivo un nivel de compromiso e actitude bo, pero non atopamos profundidade. O rival repregouse ben e non encontrabamos espazo ás súas costas. Pero a sensación que me queda é dun grupo comprometido, que cando ten a oportunidade intenta aproveitala».

Xestión do plantel sen a Copa

«Creo que nunha plantilla de 24-25, elixes 11 para xogar, chega unha semana con tres partidos e poden ter minutos, non creo que sexa un exame. Estou convencido. Xa llo dixen a eles tamén. Queremos que se faga o mesmo que se fai en cada adestramento, porque é a mellor maneira de que teñan a confianza para competir».

«Era un partido complicado, vese que cada semana que hai Copa hai unha porcentaxe de equipos de superior categoría que quedan fora. Iso é por algo. Pasan estas cousas e non é para nada cuestión de que xogasen xogadores con menos minutos. A súa actitude foi moi boa, o nivel físico foi bo… Agora queda pensar na liga e volver á competición semana».

A evolución do Ourense

«Na últimas semanas cambiou un pouco a forma de xogar. Extremos abertos, interiores que chegan moito a liña da de fondo. Non me sorprendeu. Viña en bo nivel nas últimas semanas e era o que esperaba en canto a nivel».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].