O Fabril participará na ‘III Edición do Triangular Praíña’

34

Os coruñeses xa participaron na primeira edición deste torneo, e este verán repetirán visita. A recadación irá destinada a financiar o fútbol base do Praíña Sporting Club e tamén destinarán unha parte dos ingresos a apoiar a unha asociación de familiares de persoas con discapacidade.

Por terceiro ano consecutivo, a directiva do Praíña Sporting Club organizará o seu particular torneo estival, que contará nesta ocasión coa presenza do Pontevedra, Compostela e Fabril.

Diego Pernas, director deportivo do Praíña, clube que milita na Terceira Autonómica galega, explicou para Riazor.org como naceu esta iniciativa. “Cando chegamos á directiva fai tres anos, a nosa premisa foi apostar polo fútbol base. Atopámonos con que non había cartos, e tras darlle voltas decidimos crear este torneo triangular para buscar financiamento”, comentou.

Esta é a terceira edición dun torneo que ademais dos equipos que participarán este ano, xa o disputaron outros conxuntos como o Lugo, o Estradense ou o Racing de Ferrol.

A idea de contar con equipos galegos da Terceira División e de Segunda ‘B’ naceu coa intención de crear un torneo estival para clubes destas categorías, xa que non existía ningún. “Sacando o Teresa Herrera, non había ningún torneo destas características a nivel de 2ºB ou de Terceira. O primeiro ano veu o Racing de Ferrol, o Fabril e o Estradense, que foi o campión. Para o ano repetiu o Estradense por ser o vencedor, e veu o Lugo e o Pontevedra. Gañou o Pontevedra, polo que repite este ano xunto co Deportivo ‘B’ e co Compostela”, analizou Pernas.

Ademais de recadar fondos para o fútbol base local, a directiva doará o 10% dos ingresos á Asociación de Pais e Minusválidos de Teo (ASPAMITE), para buscar dalgún xeito premiar o esforzo que realiza esta institución. “Ademais de apoiar ao fútbol base, xa o ano pasado doamos o 10% da recadación a ASPAMITE, xa que fan un labor espectacular e ademais persoas próximas a nós teñen familiares nesta entidade”, explicou o director deportivo.

O torneo disputarase o domingo 29 de xullo a partir das 18.30 horas no Campo de Reis (Pontevea-Teo), e a entrada-donativo custará seis euros. Os horarios dos encontros serán os seguintes:

18.30: Pontevedra C.F. – S.D. Compostela
19.30: Fabril – Pontevedra C.F.
20.30: S.D. Compostela – Fabril

El Fabril participará en la ‘III Edición del Triangular Praíña’

Los coruñeses ya participaron en la primera edición de este torneo, y este verano repetirán visita. La recaudación irá destinada a financiar el fútbol base del Praíña Sporting Club y también destinarán una parte de los ingresos a apoyar a una asociación de familiares de personas con discapacidad.

Por tercer año consecutivo, la directiva del Praíña Sporting Club organizará su particular torneo estival, que contará en esta ocasión con la presencia del Pontevedra, Compostela y Fabril.

Diego Pernas, director deportivo del Praíña, club que milita en la Tercera Autonómica gallega, explicó para Riazor.org como nació esta iniciativa. “Cuando llegamos a la directiva hace tres años, nuestra premisa fue la de apostar por el fútbol base. Nos encontramos con que no había dinero, y tras darle vueltas decidimos crear este torneo triangular para buscar financiación”, comentó.

Esta es la tercera edición de un torneo que además de los equipos que participarán este año, ya lo disputaron otros conjuntos como el Lugo, el Estradense o el Racing de Ferrol.

La idea de contar con equipos gallegos de la Tercera División y de Segunda ‘B’ nació con la intención de crear un torneo estival para clubes de estas categorías, ya que no existía ninguno. “Sacando el Teresa Herrera, no había ningún torneo de estas características a nivel de 2ºB o de Tercera. El primer año vino el Racing de Ferrol, el Fabril y el Estradense, que fue el campeón. Para el año repitió el Estradense por ser el vencedor, y vino el Lugo y el Pontevedra. Ganó el Pontevedra, por lo que repite este año junto con el Deportivo ‘B’ y con el Compostela”, analizó Pernas.

Además de recaudar fondos para el fútbol base local, la directiva donará el 10% de los ingresos a la Asociación de Padres y Minusválidos de Teo (ASPAMITE), para buscar de alguna forma premiar el esfuerzo que realiza esta institución. “Además de apoyar al fútbol base, ya el año pasado donamos el 10% de la recaudación a ASPAMITE, ya que hacen un cometido espectacular y además personas próximas a nosotros tienen familiares en esta entidad,” explicó el director deportivo.

El torneo se disputará el domingo 29 de julio a partir de las 18.30 horas en el Campo de Reis (Pontevea-Teo), y la entrada-donativo costará seis euros. Los horarios de los encuentros serán los siguientes:

18.30: Pontevedra C.F. – S.D. Compostela
19.30: Fabril – Pontevedra C.F.
20.30: S.D. Compostela – Fabril

Sobre el Autor

Muros (1988). Trabajador social de profesión, criado a orillas del Atlántico y con el deportivismo da Costa da Morte corriendo por mi sangre, no dejé pasar la oportunidad que me dio Riazor.org como redactor en el año 2010 y desde entonces trato de aportar mi granito de arena para que este portal siga siendo la referencia de la parroquia blanquiazul.

Comentarios están cerrados.