Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Noticias Deportivo»Os Riazor Blues maniféstanse en contra do sobresemento do caso Jimmy
    Foto: Fernando Fernández

    Os Riazor Blues maniféstanse en contra do sobresemento do caso Jimmy

    0
    Por Redacción on 8 julio, 2018 Noticias Deportivo

    A Coruña manifestouse onte contra o sobresemento do caso Jimmy, declarado o pasado 27 de xuño polo Juzgado de Instrucción Número 20 de Madrid, alegando á imposibilidade de identificar aos responsables da morte do aficionado deportivista, finado en novembre de 2014. Xa transcurriron máis de tres anos e medio dende o seu asasinato e os avances na investigación foron mínimos, feito que levou ao xuíz a pechalo por segunda vez (pois xa o fixera, de xeito parcial, no 2016).

    Ante a decepción e a indignación da afección herculina, os Riazor Blues decidiron convocar unha manifestación para protestar contra o sobresemento do caso. En palabras da agrupación deportivista, este «culmina un proceso marcado polos repetidos desprezos dende as institucións xudiciais», e asegura que nunca existiu «un interese real en identificar e condenar ós culpábeis do crime».

    Así, os Blues denominan o proceso xudicial como «farsa», e critican tanto «os cambios constantes no xuíz encargado no caso» coma «a denegación dos testemuños das persoas implicadas». Con respecto ao vídeo, o auto publicado explica que a baixa calidade da gravación impide facer «un estudio fisonómico» que permita recoñecer ao asasino, mentres que a denegación dos testemuños débese a que o xuíz considerou que o coimputado carece de credibilidade. Os Riazor Blues tamén aluden á campaña realizada polos medios de comunicación, que, segundo o seu comunicado, difundiron «datos persoais de Jimmy e os seus antecedentes, co único obxectivo de degradar e humillar a súa imaxe».

    A agrupación deportivista pechaba o seu comunicado coa convocatoria da manifestación, que congregou a varios afeccionados blanquiazuis que saíron á rúa para pedir xustiza para Jimmy. A Praza de Pontevedra foi o punto de encontro para todos aqueles que quixeron unirse para protestar contra o peche do caso, que deixa o crime sen culpables.

    Previous ArticleEl Deportivo completa el cuerpo técnico para la temporada 2018-19
    Next Article Cuatro canteranos entre los citados por Natxo González para comenzar la pretemporada del Deportivo
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Próximo partido
    • J. 28. 19-03. Cultural – Dépor (17:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    19 marzo, 2023

    Así te contamos en directo el Cultural Leonesa 1–0 Deportivo de Primera Federación, jornada 28

    18 marzo, 2023

    Sigue en vídeo y en directo el Dépor Abanca – Barça B

    12 marzo, 2023

    Óscar Cano: «En la segunda parte nos ha faltado todo»

    • Entrevistas
    24 marzo, 2023

    Roberto Olabe: «Cuando va mal tiran al míster, pero los que ganamos, empatamos y perdemos somos los jugadores»

    23 marzo, 2023

    Davo: «La celebración fue un cúmulo de cosas, la rabia que tienes dentro cuando quieres ayudar y las lesiones no te dejan»

    18 marzo, 2023

    Arturo Rodríguez: “No quiero que me encasillen como jugador referencia, puedo participar en el juego»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.