Foto: Fernando Fernández

Rubén: «Estívose cargando só nunha posición e isto é responsabilidade de todo o equipo»

Rubén Martínez falou en sala de prensa despois de recibir esta mañá o alta médica e estar xa dispoñible para viaxar a Málaga.
17 noviembre 2017 - 15:00

Despois de recibir esta mesma mañá o alta médica, Rubén Martínez pasou pola sala de prensa de Abegondo e afirmou estar «á disposición do que decida o adestrador». «Eu estou ben, adestrando para coller forma física. Son dous meses sen facer portería, agora levo dúas semanas e encontreime mellor. É o único ao que me dedico. A confianza está intacta, igual ca sempre«, declarou.

Apartado durante dous meses pola lesión, recoñeceu que «é un momento fodido» e «sempre inoportuno» porque «estás sen adestrar e sen poder axudar ao equipo» pero tamén que «canto antes te levantes, antes estarás dispoñible». Ademais, quixo deixar atrás ás súas actuacións nas primeiras xornadas porque «o pasado está pasado» e centrarse en «estar o mellor posible, competir polo posto e afrontar o novo».

Esperado por moitos como solución das dúbidas na portería, a Rubén gustaríalle que a xente crea nel «polo traballo antes e despois da lesión». «Nunca dixen nada, nunca protestei e o ano pasado nin entraba nas listas. Limiteime a traballar e intentar facerme un oco. Así seguín este ano, lesioneime e tócame volver a empezar. É o que me gusta: adestrar e loitar. Tampouco creo que a xente estea esperando tan pendente. A xente o que quere é que gañe o Dépor, se o fai comigo ou sen min é secundario«, comentou pouco despois de asegurar «que se estivo cargando só nunha posición e isto é responsabilidade de todo o equipo«. «Todos os porteiros que xogaron estiveron máis ou menos acertados, en algúns partidos mellor que outros, pero enfocouse demasiado cara unha posición. Para eles non foi fácil, pero non só na portería, calquera compañeiro de campo que é criticado, ou que hai dúbidas sobre el, expresa malestar no seu xogo… É complicado, pero a profesión é así e hai que saber levalo», engadiu.

En canto ao regreso a Málaga, onde xogou durante dúas tempadas, comentou que «sempre deixas amizades» e que será «especial» ver tanto a excompañeiros como á afección porque o trataron «fenomenal». Ademais, destacou o ambiente da Rosaleda pero tamén que «cada xogador do Dépor sabe o que se vai encontrar en cada campo».

Tamén sobre o partido, sinalou que «todos deben ser finais» sobre todo «contra equipos que están en posicións similares» e que por iso deben «afrontar cada partido como unha final para ser competitivos». Ao mesmo tempo, o galego quixo dar moita relevancia a puntuar de forma regular lonxe de Riazor: «a mentalidade é sacar os tres puntos. Ir a gañar fóra, que é importantísimo. Que gañar un partido fóra non sexa unha anécdota, que sexa algo que se nos da ben, algo ao que nos acostumemos. Lamentablemente nos últimos anos cóstanos moito facelo».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].