Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Noticias Deportivo»Sergio Álvarez quere que o noso derbi sexa de Primeira
    Foto: Fernando Fernández

    Sergio Álvarez quere que o noso derbi sexa de Primeira

    0
    Por Redacción on 22 marzo, 2018 Noticias Deportivo

    Cada vez que se achega #onosoderbi, un dos temas máis recurrentes son as declaracións do pasado. Cruces de palabras entre futbolistas de Deportivo e Celta, cos seus diferentes puntos de vista. Porén, e independentemente do tempo que falte para a disputa dun partido así, cando a un dos dous equipos non lle vai demasiado ben, tamén é habitual ver comentarios nun ton máis suave, máis harmonioso. Acontece nos últimos tempos. E onte volveu a ocorrer en Vigo, con Sergio Álvarez como protagonista.

    Preguntado en rolda de prensa polo panorama que se vive na casa do eterno rival, o porteiro celeste amosouse moi respetuoso. Como ven sendo habitual nel. «Evidentemente é unha situación complicada, unha situación difícil. Nós aquí o primeiro ano de estar en Primeira División xa o vivimos. Sabemos o que é estar aí abaixo e todo o que se sufre«, recoñeceu. «Evidentemente nós no vestiario estamos máis pendentes de nós, pero si que é certo que nos gusta xogar ese derbi. E sempre digo que se máis equipos galegos están en Primeira División, mellor vai a ser para Galicia e mellor para todos«.

    Sempre consecuente coas súas palabras, Sergio xa manifestara no pasado algunhas declaraciones semellantes. Sen ir máis lonxe, en outubro de 2016 explicaba como entendía el esa rivalidade entre Dépor e Celta. «Ten que existir e cando non exista non será bo para Galicia. Pero a rivalidade ten que ser sa para que todos poidamos ir ó campo cos nosos fillos ou sobriños, e cada un coa súa camisola. Ó final un irase máis ledo que outro, pero que ao chegar á casa se poida gozar de piques sans«, aseguraba.

    O exemplo do meta non é o único. Se ben é certo que no seu caso non sorprende tanto, polo seu carácter tranquilo, si o fai no caso de Iago Aspas. Máis temperamental, o futbolista de Moaña foi corrixindo a súa maneira de expresarse. Tanto é así que, en decembro, e despois de disputarse o derbi da primeira volta, o dianteiro tamén tivo boas palabras. “Quero ó Depor en Primeira, os derbis son o bonito para todo o mundo”, afirmou en El Larguero tras derrotar ao equipo coruñés. A volta da Selección Galega e as campañas de «Imposible sen ti» explican mellor estas afirmacións.

    Previous ArticleAumenta el número de jugadores en la enfermería del Dépor
    Next Article Ismael Díaz dice adiós a la temporada con el Fabril y se recuperará en Latinoamérica
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Próximo partido
    • J. 28. 19-03. Cultural – Dépor (17:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    1 abril, 2023

    Así te contamos en directo el Unionistas 2-1 Deportivo de Primera Federación, jornada 30

    1 abril, 2023

    Sigue en vídeo y en directo el Dépor Abanca – Granada

    26 marzo, 2023

    Óscar Cano: «Hicimos una gran gestión en la segunda parte. Fuimos pacientes»

    • Entrevistas
    30 marzo, 2023

    Diego Villares: «Está bien ser polivalente, pero como tu puesto habitual no hay ninguno»

    24 marzo, 2023

    Roberto Olabe: «Cuando va mal tiran al míster, pero los que ganamos, empatamos y perdemos somos los jugadores»

    23 marzo, 2023

    Davo: «La celebración fue un cúmulo de cosas, la rabia que tienes dentro cuando quieres ayudar y las lesiones no te dejan»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.