Uxío agarda que o Fabril teña «a oportunidade de seguir con este grupo»

Uxío da Pena manifestou o seu orgullo pola tempada do Fabril e afirmou que agarda que o Deportivo lles dé "a oportunidade de seguir con este grupo".
27 mayo 2018 - 7:00

Uxío da Pena, dianteiro do Fabril, atendeu aos compañeiros de Galicia en Goles tras o partido ante o Extramadura, que serviu para poñerlle o punto final á fantástica tempada do filial deportivista. Pese á eliminación, o punta explicou que o equipo remata o ano «coa cabeza moi alta» porque competiu «todo o partido, toda a eliminatoria e toda a Liga».

O lucense describiu o enfrontamento de onte coma un partido «para intelixentes». As expulsións, de Luis Fernández primeiro e de Lolo Pardo despois, debuxaron diferentes dinámicas no transcurso do encontro. «Tes que variar moito, adaptarte a situacións do partido. A lectura do corpo técnico e dos meus compañeiros foi estupenda», asegurou. O Fabril, que viña de caer por 2-1 en Almendralejo, viuse de novo por debaixo no marcador aos cinco minutos, pero soubo reaccionar e igualar a eliminatoria antes de que se cumprise a media hora. Na opinión de Uxío, o Fabril amosou que é un equipo «gañador» e «competitivo». «Estou moi orgulloso do meu equipo», sentenciou.

Con respecto ás xogadas polémicas, Uxío descartou responsabilizar ao árbitro da eliminación, e sinalou que, dende o seu punto de vista, estivo «moi ben, á altura da eliminatoria». «É complicado expulsar a un xogador no minuto trinta, pero ten toda a razón, está ben expulsado. Non temos que dicirlle nada», comentou en referencia á vermella a Luis Fernández. Tamén saiu en defensa de Álex Cobo, que cometeu un erro no derradeiro gol do Extremadura. «Estamos en Segunda B grazas a él. É un compañeiro que tería sempre no vestiario», afirmou, e deixou claro que o porteiro ten todo o apoio dos compañeiros.

Pese á sobresaínte tempada do Fabril, que hai apenas un ano estaba xogando en Terceira División, a derrota ante o Extremadura deixa mal sabor de boca. Uxío admitiu que, co 3-1, o club tiña «a sensación» de telo prácticamente feito, pero o segundo gol do conxunto visitante foi un xarro de auga fría para os coruñeses, que aínda que tiveron un par de ocasións para anotar o cuarto tanto, non foron capaces de facelo. Deste xeito, Da Pena destacou a «coraxe e valentía» do Fabril, que na súa opinión, reflicten «a gradeza do equipo» e serviron para darlle «unha alegría» a unha afección que sufriu durante toda a tempada debido á deriva do primeiro equipo.

Por último, Uxío manifestou o seu desexo de que o filial sexa capaz de manter este grupo. «O club fixo moi ben a xestión de facer un Fabril cunha plantilla tan competitiva e gañadora, pero con persoas», explicou. Así, comentou que do mesmo xeito que entende que «se algún xogador ten un proxecto doutra categoría, que o colla», afirmou que agarda que o Dépor lles dé «a oportunidade de seguir con este grupo». «As caras novas serán benvidas, pero que siga con esta liña», opinou.

No te pierdas el último Son de Riazor

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, SON DE RIAZOR:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].