Lucho García
Foto: Fernando Fernández

Lucho García preséntase en galego: «Prometo morrer por esta camiseta»

Lucho García publicou unha mensaxe no seu instagram no que define chegar ao Deportivo coma "o maior reto" da súa carreira.
8 septiembre 2020 - 17:33

O Deportivo anunciou hoxe a fichaxe de Lucho García, porteiro procedente do Sevilla Atlético. O hispano-colombiano, de só 22 anos, publicou esta tarde unha mensaxe nas súas redes para arrancar esta nova etapa de branquiazul.

«Preséntase ante min o maior reto da miña carreira e prometo, dende o minuto 1, morrer en Riazor e en Abegondo por esta camiseta. A grandeza deste equipo radica no ESCUDO, na CIDADE e na AFECCIÓN. Un escudo centenario, humilde e campión. Unha cidade guerreira, branquiazul e mariñeira. Unha afección fiel, entregada e ante todo, que nunca se rende. Por iso levarei con orgullo no peito un escudo de primeira, lugar do que nunca antes tivo que marchar o Deportivo, e ao que tentaremos volver canto antes!». Con estas motivadoras palabras, Lucho súmase a campaña do clube de que #TocaVolverseMollar.

O ex do Sevilla é o segundo gardameta que chega este verán ao Deportivo, que tamén asinou a Carlos Abad, do Tenerife. Aínda que Fernando Vázquez barallou quedar con Abad de titular e o canteirán Alberto de suplente, agora terá que decidir cal das dúas incorporacións ocupa un lugar no once.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

@rcdeportivo 🔵⚪️ #TocaVolverseMollar

Una publicación compartida de Lucho García (@luchogarcia1) el

Primeiro adestramento de Lucho García en Abegondo

Uns minutos despois de que a súa incorporación ao Deportivo fora oficial, Lucho García xa saltaba ao céspede de Abegondo para completar o primeiro adestramento como branquiazul. Os catro porteiros que traballarán ás ordes de Alberto Casal, novo preparador, son o propio colombiano, Carlos Abad e os dous fabrilistas, Alberto e Pablo Brea. No caso destes últimos, a pelexa estará por ver quen gaña a partida polo rol de terceiro porteiro no caso de que as dúas novas incorporacións teñan algún tipo de problema durante a tempada.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].