Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Análisis»A análise de Yago Iglesias: Tudelano

    A análise de Yago Iglesias: Tudelano

    0
    Por Yago Iglesias on 2 septiembre, 2021 Análisis

    Na nova temporada, estreamos sección: A análise de Yago Iglesias. Cada semana, contamos coa súa firma na previa dos partidos. O extécnico da SD Compostela é o encargado de analizar ao rivais do Deportivo para riazor.org. Nesta segunda entrega é o turno do Tudelano. O Deportivo visita o Ciudad de Tudela este domingo (17h).

    Contextualización

    Despois desta primeira xornada na que todos estabamos esperando que arrancara a nova competición, xa puidemos ver os primeiros atisbos do que van ser as liñas xerais do nivel da Primeira RFEF. As armas, os sistemas, os plantexamentos dos distintos equipos segundo as estratexia do seus adestradores, etc.

    Neste caso, o Tudelano enfrontase ao Deportivo despois de perder nos últimos 5 minutos de partido contra o Racing de Santander. É un equipo que foi ao Sardinero a competir de ti a ti e durante moitos momentos foi quen de meter en problemas ao Racing. Despois de ter amarrado un punto, no treito final perdeuno.

    Foto: CD Tudelano

    Idea de xogo colectiva

    En canto á análise táctica, é un equipo moi veterán, con moita experiencia, comezando xa polo seu adestrador, Javier Olaizola. Parten dun sistema 1-4-4-2, que por momentos é un 1-4-2-3-1. Predominantemente a sua fortaleza é o xogo directo, sobre todo buscando a Pablo Caballero e as transicións rápidas. Sen balón, é un equipo que defende moi ben. Xúntase ás mil marabillas nunha estrutura de bloque medio baixo, esperando recuperar e saír moi rápido. Se o rival lle cede a iniciativa, todo o seu xogo pasa a ser directo con Pablo Caballero, e a partir de aí atopar xogadores exteriores como Yasin ou Santi Samanes; ou ben deixar de cara sobre Álex Gualda para que el distribúa o balón.

    Especialmente, o Deportivo esta fin de semana ten que ter atención coa xente da fronte do ataque, destacando Pablo Caballero e Alain Ribeiro, que son os referentes nesa idea de xogo máis directo e nas transicións. Evidentemente, unha vez chegan ás inmediacións da área, traballan moito o centro lateral para buscar a estes dous xogadores.

    Xogadores destacados

    Álex Gualda, mediocentro. É o que cando o Tudelano ten balón ou o rival lle deixa dispoñer del, dá orde e sentido táctico á circulación de balón. Tamén é especialista a balón parado, todo o que sacan pasa polas súas botas.

    Pablo Caballero, dianteiro moi alto (1’91m). Traballa moi ben de espaldas, capaz de facerse con balóns practicamente imposibles, dá moita guerra aos centrais. Nese senso, os centrais do Deportivo van ter en fronte un perfil de dianteiros moi distintos aos do día do Celta B. Miguel, Alfon, Javi Gómez… Eran máis de correr, agora os do Tudelano van ser dianteiros máis de zafarse, máis de pelea, máis de contacto.

    Por detrás de Pablo Caballero, está Alain Ribeiro, que tamén é un xogador de moita presenza física, pero moi dinámico. Un chegador que é capaz de gañar eses segundos balóns e de circular. Aínda por enriba é rápido para os desmarques ao espazo.

    Por último, na banda dereita do Tudelano, Yasin Iribarren, que é un xogador menudo, de bo 1 contra 1, de boa chegada. Cando ten espazos, mete o balón á área

    Conclusión

    Como resumo, este domingo, o contexto que vai atopar o Deportivo en Tudela vai ser completamente distinto ao da semana pasada. Con certos matices. O Celta B, como xa dixeramos na previa, ia buscar esas transicións rápidas, pero este equipo é máis de xogo directo. É un equipo moito máis veterán, moito máis asentado, sobre todo na faceta defensiva.

    Basa todo o seu poderío en defender ben e a partir de aí transitar. Xa o seu adestrador, Olaizola, o ano pasado no Arenas, tivo un dos equipos menos goleados do grupo. É dicir, dalle moitísima importancia a manter a portería a cero para, a partir de aí, as ocasións que xere, intentar marcar e levar o partido. Sobre todo, vai ter que cambiar certos rexistros o Dépor porque, aínda por enriba de que o tipo de xogo é mais directo -especialmente aéreo con estes futbolistas corpulentos-, o campo non vai ser Riazor.

    ¡Únete a nuestro Patreon!
    Previous ArticleDiego Aguirre apura su recuperación y apunta al Tudelano vs Deportivo
    Next Article Uche Agbo, nuevo jugador del Slovan Bratislava
    Yago Iglesias
    • Twitter

    Técnico Superior Fútbol Nivel 3 | Licenciado en CCAFD | Profesor Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol | Master PF Futbol (@rfef) | Coach Deportivo

    Próximo partido
    • J. 22. 04-02. Dépor – Mérida (19:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    4 febrero, 2023

    Sigue en directo el Deportivo – Mérida de Primera Federación, jornada 22

    1 febrero, 2023

    Sigue en vídeo y en directo el Dépor Abanca – Athletic Club B

    1 febrero, 2023

    Sigue en directo la rueda de prensa de Carlos Rosende tras el mercado de fichajes de invierno

    • Entrevistas
    7 febrero, 2023

    Sandoval, presidente de Unionistas: «Lo de volver a la Segunda B es un órdago»

    26 enero, 2023

    Alfredo Santaelena: «En Riazor, el Deportivo tiene que ser un equipo arrollador»

    25 enero, 2023

    Ángel Puerto explica por qué «goza» defendiendo

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.