fbpx

A análise de Yago Iglesias: Unionistas

0

Cada semana contamos coa firma de Yago Iglesias na previa dos partidos. O extécnico da SD Compostela é o encargado de analizar ao rivais do Deportivo para riazor.org. Nesta quinta entrega é o turno de Unionistas. O Deportivo visita ao equipo charro este domingo (12h).

Contextualización

Atopámonos unha semana máis, e van dúas seguidas, cun partido importante para o Dépor porque se enfronta a un rival directo na táboa. Primeiro contra segundo, os 12 puntos do Dépor e os 10 puntos de Unionistas. O equipo salmantino está nunha dinámica moi positiva, seguindo a senda do que foi o seu inicio de competición da temporada pasada na antiga Segunda B. E facéndose valer das que son, basicamente, as súas potencialidades: non recibir gol e aproveitar as ocasións que ten, como despois revisaremos.

Desta volta é un contexto distinto para o Dépor: tócalle xogar fóra, nun campo no que os afeccionados apretan moito e que aínda por enriba é de herba sintética. Se o Dépor é quen de conseguir a vitoria, poñería terra de por medio, +5. É a mesma situación que a semana pasada co Badajoz.

Unionistas, xa digo, ven dunha dinámica moi positiva: gaña en Ferrol nos últimos minutos, empata coa Cultural na casa, merecendo incluso algo máis nos minutos finais, e logo gaña a Extremadura e Athletic B fóra. Nada fáciles estes partidos que sacou adiante. Polo tanto hai que darlle o valor que merece.

Foto: Unionistas CF

Idea de xogo colectiva

En canto ao modelo de xogo, é a liña continuista do ano pasado con Hernán (Pérez), pero agora con Dani Mori. Seguen coa mesma idea que lles deu os éxitos a temporada pasada e lles permitiu estar na 1ª RFEF, que como diciamos consiste en non ceder goles. O seu modelo sobre todo básase en ser moi fortes na parcela defensiva. Cun sistema moi marcado, 1-4-4-2, xa definido desde a temporada pasada. Alterna un posicionamento pregado cun posicionamento avanzado.

Fóra da casa é un equipo máis reactivo, que espera máis, incluso en repregado, para a partir de aí contragolpear coa xente rápida que ten arriba. E na casa é un equipo que busca apretar ao rival arriba. Sabe que o terreo de xogo lle axuda, que é incómodo para os rivais. E aínda por enriba a súa afección apreta moito, así que busca que o rival non xogue cómodo desde o inicio, ou que xogue directo para a partir de aí roubar e contragolpear.

Na fase ofensiva é un equipo que vai vivir da xente de mediocampo e da xente rápida de arriba. No Reina Sofía sacan moito partido do xogo directo e dos centros laterais da xente de banda.

Xogadores destacados

É un equipo que como outros anteriores, como puido ser o Calahorra, por exemplo, non destaca ningun xogador por enriba de outros, senón que destaca o colectivo. Pero si que e certo que ten xogadores de medio campo para diante de moita calidade:

Héctor Nespral e Luis Acosta, dous medios que actúan nese 1-4-4-2 en liña. Son xogadores de bo pé, capaces de combinar, pero ao mesmo defensivamente, a nivel posicional, son moi correctos e en ningún momento van ser superados.

No tercio de ataque, Carlos de la Nava, Pablo Espina, Rayco e Íñigo Muñoz, que desde o meu punto de vista son xogadores de ataque que poderían estar en calquera plantilla da categoría.

Conclusión

Polo, tanto prevese un partido de alta intensidade. Un partido no que o Deportivo se vai ter que impor non só a un terreo de xogo sintético, senón a unha presión alta do propio equipo locatario así como da súa afeccion. O primeiro desprazamento, desde o meu punto de vista, no que o Deportivo vai ter que facer fronte a estas variables que acabamos de comentar.

Sobre el Autor

Técnico Superior Fútbol Nivel 3 | Licenciado en CCAFD | Profesor Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol | Master PF Futbol (@rfef) | Coach Deportivo

Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro
Bloqueador de publicidad detectado

Hemos detectado que estás usando extensiones para bloquear los anuncios. Esta página web se financia gracias a los anuncios de publicidad, con lo que te rogamos que los desactives para que podamos seguir trabajando de forma diaria.

Recargar