Foto: Fernando Fernández

Fernando Vázquez: «A mecha está prendida»

A rolda de prensa de Fernando Vázquez, posterior ao Deportivo 2-1 Racing. O técnico de Castrofeito falou da importante vitoria conseguida
16 enero 2020 - 21:46

O Deportivo conseguiu este o xoves a súa terceira vitoria consecutiva en liga. Un triunfo que lle sirve para deixar de ser colista, superar a un rival directo e achegarse aos postos que marcan a permanencia. Á conclusión do encontro, Fernando Vázquez analizou en sala de prensa o sucedido e simplificouno nunha frase: «Necesitabamos 11 vitorias e agora necesitamos 10«.

O plan de partido e as variantes

Sempre prudente nas súas declaracións, Fernando sinalou que non cre que «agora o fútbol en si sexa máis importante que o resultado. Intentamos conseguir resultados, sabendo que canto mellor xoguemos, máis opcións teremos. Hoxe por momentos defendemos na portería«, recoñeceu. Do mesmo xeito, o técnico galego afirmou que «tiña certas dúbidas de como podían estar os xogadores a nivel de ritmo. Decidin que Çolak agardara, arrisquei con Gaku e Sabin. (Sabin) está bastante ben, aínda que ao final do partido algo tocado. E Çolak é un xogador de outro nivel. É fácil de ver. Non pertence a esta categoría e temos a fortuna de gozar del, aínda que non sexa o domingo«, bromeou.

Sobre o esquema elixido, Vázquez comentou que «en principio pensaba darlle continuidade á fórmula que nos dou a vitoria en Soria, facendo un par de cambios: Gaku e Koné. A idea era recuperar a pelota e cando a tiveramos xogar case con 3 puntas, buscando eses espazos entre central e lateral. E en defensa formando liña de catro no centro do campo». Con que intención? «Se nos atacaban estaríamos compactos e cando atacaramos incorporaríamos aos dous arriba. As cousas non ían ben e encaixamos un gol. A outra alternativa que tiña vinme obrigado a facer a xogada, pasar a xogar con 2 puntas, con xogadores con calidade por fóra. E as cousas saíron bastante ben. O equipo mellorou. Ao final co 2-1 estábannos crucificando a centros e decidin protexernos un pouco máis. Retrasei a Peru, que pode xogar atrás», apuntou.

Montero e Mujaid, nomes propios

Sobre o cabreo de Montero cando foi sustituido, Fernando declarou que «lle fixo así coa man, pero creo que nin me viu. Todos entenderon que non era un troco de castigo. Era un troco táctico para recuperar o 0-1. Non sei se o entendeu coma un castigo, expliqueillo despois. Tiña que facelo e el entendeuno perfectaemnte«, asegurou.

Preguntado polo partido de Mujaid, Fernando dixo que para el «Mujaid é central. Se mellora o xogo de cabeza, se se fai grande como cabeceador defensivo… É rápido, poderoso no un contra un… E despois a nivel ofensivo ten cualidades interesantes. Esa capacidade para saír, conducir… A min gústame, pero a nivel táctico ten que mellorar e liderar. Un central ten que ter esa capacidade de pensar polo equipo. Cando colla eses conceptos, creo que vai ser un xogador interesante«, aseverou.

Foto: Fernando Fernández

Emre Çolak, a cara e a cruz

Çolak viu o segundo cartón amarelo na celebración do 2-1, Fernando explicou a versión do xogador otomano: «Dixome que non sabía que iso era tarxeta. Creo que foi o subidón que el buscaba, que precisaba. Estes xogadores viven para isto«.

Fernando non quere mirar a clasificación

Despois deste partido, o Dépor queda a un punto da permanencia. Fernando manifestou que segue «sendo sincero. Non miro a clasificación. Viñen aquí para gañar 12 partidos, sei que me quedan 10. Independentemente do que fagan os demais. Dez partidos levaríannos a 51 puntos, creo que serán suficientes. É máis fácil asumir a competición. Podemos fallar nove aínda. É máis fácil para a cabeza dos xogadores. Que deixen de mirar a clasificación, que se olviden da clasificación».

Na mesma liña, Fernando sinalou que «o equipo leva tres vitorias consecutivas, e iso vaille dar estabilidade, confianza, seguridade… Non saen con tanto medo a perder e a confianza é importante. Vas gañando e posiblemente as dificultades do seguinte partido sexan menores que se perderas. Pero sigo dicindo que temos moito que facer para poder igualar, no ritmo competitivo, a outros rivais. O ritmo competitivo do rival pareceume superior ao noso«.

Ante a pregunta de se contra o Cádiz haberá máis debuts, Fernando foi directo: «Seguro que si».

A afección, entregada

Por último, Fernando referiuse á afección: «Cando empezamos o partido dicía… Bueno. Pero cando acabamos estaba impresionado, quérollo agradecer. Isto é a grandeza do fútbol. Unha afección entregada ao seu equipo, independentemente de como esté xogando, por un obxectivo común, paréceme fantástico. 20 mil persoas un xoves pola tarde… A mecha está prendida e o domingo, como é un día non laborable, espero que o campo esté máis cheo», concluíu.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].