Fernando Vázquez sobre David Silva
Foto: Fernando Fernández

Fernando Vázquez e o día que adiviñou o futuro de David Silva

Fernando Vázquez recordou o ano que adestrou a David Silva no Celta e non aforrou eloxios para o xogador canario, agora na Real Sociedade.
30 octubre 2020 - 18:45

Fernando Vázquez tivo esta mañá a amabilidade de responder a unha pregunta dun compañeiro de Vigo durante a rolda de prensa previa ao Unionistas vs Deportivo. O motivo é a visita da Real Sociedade a Balaídos o próximo domingo e, co equipo donostiarra, o regreso de David Silva ao estadio celeste, onde o técnico de Castrofeito o tivo ás súas ordes. Vázquez non aforrou eloxios para o canario, desvelando ademais unha anécdota na que acertou de pleno o futuro de Silva nada máis deixar o Celta.

«Adestrei a grandes futbolistas e David Silva está entre os mellores, claro. Xogaba no Eibar, digamos que o Valencia non o quería… pedimos a cesión e aceptaron. Chegou algo lesionado, pero xogou un ano espectacular. Era impresionante. Ademais, velo adestrar era para coller unha cadeira e sentarte a mirar. Tiña a admiración do seu técnico e de todos os compañeiros. Un rapaz extraordinario, o fillo que queres ter. Ese era Silva«.

A oportunidade perdida do Celta con David Silva

Fernando Vázquez recoñeceu que, no seu momento, o Celta deixou pasar unha gran oportunidade cun xogador que se lle puxera a tiro: «Puido quedar no Celta, porque o Valencia vendía. Pero o Celta non quixo ou non puido compralo. Recordo que veu falar comigo e me dixera que non quería volver ao Valencia, porque el sentía que non o querían alí. E así era. Penso que era Quique Sánchez Flores o adestrador. E díxenlle que fora tranquilo, que cando Quique o vira adestrar, ao cuarto ou quinto partido xa ía ser titular. O resto da historia está aí. Indiscutible e logo traspasado por un valor impresionante«.

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].