Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Noticias Deportivo»Fernando Vázquez: «O equipo será aquelo que a afección queira que sexa»
    Fernando Vázquez

    Fernando Vázquez: «O equipo será aquelo que a afección queira que sexa»

    0
    Por Redacción on 30 octubre, 2020 Noticias Deportivo

    Fernando Vázquez comezou a rolda de prensa previa ao Unionistas vs Deportivo facendo unha reflexión dirixida á afección do Deportivo. O técnico recoñece que o equipo non está tendo o mellor inicio en canto a xogo e acepta as críticas, pero pide que non se deixe de crer: «A crítica é necesaria, non sei se son precipitadas. Só quero trasladar a opinión de que non podemos caer na tentación de pensar que ou temos o obxectivo conseguido xa, ou nada. Teño a impresión de que temos que ter xa o obxectivo conseguido ao segundo partido. Preocúpame que a xente poida perder a esperanza, a ilusión e a fe nos xogadores. Realmente podería dicir que o equipo vai ser aquelo que a afección queira que sexa. Se ti cres no equipo, o equipo vai dar un nivel superior e ser un equipo máis competitivo e cun fútbol mellor. Se desconfías, ese ‘feeling’ chega ao equipo e é posible que non se poida chegar as cotas para o que eu creo que está preparado. É importante saber que o obxectivo se ten que conseguir cando se ten que conseguir, o que hai que facer agora é que os futbolistas sintan que son bos xogadores, e que van formar un bo equipo. Axudaría ao adestrador, ao equipo, ao club… que esa unidade que me transmitían o ano pasado non se rompa de inicio porque quizá o equipo non estea a xogar como se esperaba que xogase«.

    O técnico falou do ben traballado que ve a Unionistas e referiuse ao céspede sintético: «Vannos poñer as cousas dificilísimas. É un equipo ben preparado e despois está o hándicap de xogar en herba artificial. Polas características do terreo, o que ocorre moitas veces é que as diferencias técnicas e incluso tácticas, iguálanse moitísimo. Son campos que igualan aos rivais de xeito extraordinario. Non busco escusas, pero son realidades. Imos ter problemas, e iso máis alá do nivel do rival, que venceu ao Compos e sacou un gran empate na casa do Pontevedra«.

    Fernando Vázquez non quixo dar pistas sobre o once e posibles cambios, aínda que si afirmou que ve a Uche a un nivel moi superior. Recoñeceu tamén que ao equipo lle falta traballo: «Falta certo desenvolvemento. Non o temos traballado en profundidade e as rutinas non están ben entendidas nalgún caso. Falta traballo. A situación é comprensible. Estamos nunha situación complicada e está sendo duro, sobre todo a nivel psicolóxico. É posible que nalgún momento o equipo intente algo e por falta de rutina de adestramento, non o saiba levar a cabo con perfección. Estamos lonxe. Pero tampouco quero ser un equipo que me pase os 90 minutos sobando a pelota. Quero vivir doutro tipo de situacións e nese reto estou poñendo ao equipo. Xogar máis directo, máis rápido… e cando teñamos a pelota saber desenvolvernos con ela».

    A situación de Diego Rolan

    Fernando Vázquez segue esperando a Diego Rolan e explicou como será o trato co uruguaio cando volva, independentemente do tempo que pase en A Coruña: «Non sei cando virá. Cando chegue, falarei con el, preguntareille como está e vereino adestrar. É un futbolista do Deportivo. Se considero que ten nivel suficiente para competir cos seus compañeiros e demostra que é mellor futbolista, vouno utilizar. Que mo quitan despois de catro partidos porque hai que vendelo? Que marche. Pero se o teño e é noso, procurarei sacarlle o máximo rendemento posible. Se despois o club decide que hai que vender, que marche».

    O corpo técnico de Fernando Vázquez

    Unha das sorpresas da semana foi que a rolda de prensa posterior ao Compos vs Deportivo a dera Álex Bergantiños. Isto fixo que aparecesen dúbidas sobre cal é o corpo técnico de Fernando Vázquez e, sobre todo, o seu segundo adestrador. O de Castrofeito teno claro e sinala que o problema non é máis que administrativo: «Os que están máis cerca de min son Franganillo, Manuel Pombo, que é o preparador, e David Sánchez. Non lle podo chamar segundo adestrador, seica… chamémoslle axudante. Ademais de axudante técnico é analista, porque considero que podo elixir unha persoa como axudante meu sen que teña o título nacional, que é o que lle falta a David para desenvolver a súa función en todos os seus conceptos. A persoa técnica de confianza é el. Pero esa función non a pode facer no banco, porque non ten o título nacional, entón o que se dirixe aos futbolistas é Pombo porque así está no regulamento».

    ¡Únete a nuestro Patreon!
    Previous ArticleEl Deportivo vs Coruxo de Riazor ya tiene fecha y hora
    Next Article Iris: «Desde el primer día sabíamos que nada iba a ser igual que el año pasado»
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Próximo partido
    • J. 21. 29-01. S. Fernando – Deportivo (16:00)
    • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
    • Directos
    29 enero, 2023

    Así te contamos en directo el San Fernando 2-2 Deportivo de Primera Federación, jornada 21

    21 enero, 2023

    Así te contamos en directo el Deportivo 1–0 Rayo Majadahonda de Primera Federación, jornada 20

    14 enero, 2023

    Así te contamos en directo el Alcorcón 3–1 Deportivo de Primera Federación, jornada 19

    • Entrevistas
    26 enero, 2023

    Alfredo Santaelena: «En Riazor, el Deportivo tiene que ser un equipo arrollador»

    25 enero, 2023

    Ángel Puerto explica por qué «goza» defendiendo

    21 enero, 2023

    Lucho García: «Quiero ver el ambiente de Riazor que yo no pude vivir»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.