Fernando Vázquez
Foto: Mónica Arcay

Fernando Vázquez: «Na liga comezamos 0-0, pero comezamos perdendo»

Fernando Vázquez insistió en la necesidad de que el Deportivo se libere de la presión y que rinda en la liga como lo hizo en la Copa.
8 enero 2021 - 15:00

Fernando Vázquez volveu insistir na necesidade de que os seus xogadores consigan dominar a presión e se acostumen a render sen importar a responsabilidade coa que afronta o Deportivo esta tempada. É posible trasladar o visto na Copa á liga?, o técnico responde: «Falo disto cos xogadores, claro. Xogar estando pendentes do resultado non é fácil. Digamos que contra o Alavés comezamos 0-0, pero nese partido xa íamos gañando. O domingo con 0-0 xa estaremos perdendo. É un pouco esa sensación. É individual, é colectiva… pero hai que saír sen que o resultado che importe en exceso. Como se consegue iso? Non é sinxelo para ninguén. Somos o que somos e temos responsabilidade. E enfrontarnos a iso é un hándicap. Temos que remontar os 0-0. É unha situación mental que hai que aceptar e intentar superar».

O adestrador branquiazul recoñece, de todos xeitos, que ve ao seu equipo con máis moral: «Está confiado, seguro. O partido contra o Alavés veu ben para que se den conta de que teñen nivel, que son competitivos. Seguiremos mellorando para amosar a mellor cara e que non nos poida a responsabilidade. Estase vedo que estamos mellorando, na segunda volta espero un Dépor mellor, creo que vamos ir superando niveis de rendemento e que se verá a un equipo mellor, máis seguro e, se pode ser, cun fútbol máis atractivo«.

A explicación de Fernando Vázquez polas numerosas lesións

Despois de coñecer outras tres novas lesións no Deportivo, Fernando Vázquez recoñeceu que non sabería dicir os motivos, pero que é algo xeral no mundo do fútbol esta tempada: «Hai informes, en España e Europa, no que se ve que as lesións subiron de forma extraordinaria. A situación non é a máis normal en moitos equipos. Non só nos pasa a nós. Podemos estar na parte alta, pero estiven lendo un informe que di que as lesións aumentaron case nun 50 por cento en toda Europa. As razóns? Non o sabemos».

O Zamora e os problemas meteorolóxicos do domingo

Para rematar, Fernando Vázquez tamén falou do Zamora, «é un equipo moi ben organizado e que nos pode crear problemas, pero penso que sabemos como contrarrestalos», e expuxo a súa maior preocupación para esta semana. A meteoroloxía: «Estou preocupado porque polo visto, van empeorar. Non sei o que pode pasar. Vendo e lendo o que estou a ler, imos ter problemas importantes para poder viaxar, pero son cousas que pertencen a outro ámbito e nós estamos metidos e centrados no partido. Se se pode celebrar, claro. Non vai ser doado».

No te pierdas el último A Balón Parado

Análisis, directos y toda la actualidad del Deportivo en nuestro canal de YouTube. Todos los lunes a las 21:00 horas, A BALÓN PARADO:

Etiquetas:

Comparte:

Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Noticias recientes
Hazte patreon

Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].

Política de Comentarios de Riazor.org

Por favor lea nuestra Política de comentarios antes de comentar.

Política de comentarios
Avisos de moderación de comentarios

Contacto: [email protected].