Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera Federación Grupo 1
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Lo del Big Data
      • Entrevistas
      • La pizarra de Chollas
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Riazor.TV
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Noticias Deportivo»Fernando Vázquez: «Salvo Cartabia, teño esperanzas de que todos podan seguir»
    Uche Agbo
    Foto: Laura Santos

    Fernando Vázquez: «Salvo Cartabia, teño esperanzas de que todos podan seguir»

    0
    Por Redacción on 4 septiembre, 2020 Noticias Deportivo

    Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo, pasou hoxe pola sala de prensa de Abegondo e analizou a situación futbolística que afronta o equipo. O de Castrofeito repasou os nomes propios do plantel, do seu corpo técnico e compartiu as súas expectativas sobre a Segunda B.

    Para o míster, o futuro incerto de moitos dos seus homes xera certa incomodidade nesta pretempada. Fernando Vázquez non dubida en sinalar que esa incerteza «é prexudicial». «Prefiriría ter aos futbolistas que son meus e que pouco a pouco se foran incorporando máis. Fede Cartabia e Rolan non son problemas porque xa sei que non van quedar. Pero despois hai outros que poderían quedar en función das negocacións e que poden molestar un pouco. Quizá prefiriría a situación de ‘estes son futbolistas do Deportivo e vanse incorporar outros’. Pero neste caso concreto, coñecemos aos chavales, deron mostras de comportamento profesional exquisito no último partido contra o Fuenlabrada e son chavales que están aquí, entrenan con nós e teño esperanzas de que todos podan dar o OK e seguir o ano que ven con nós. Teño esa ilusión», recalcou.

    Así, sinalou novamente como a confección escalonada do equipo pode afectar aos adestramentos. «Teño a esperanza de que, salvo Cartabia, o resto temos opcións de que sexan compoñentes do plantel. E o luns, coa incorporación do central e do porteiro xa poderei deseñar tarefas de entrenamiento máis tácticas para sacar rendemento. Seis semanas por diante, tempo suficiente. Pero si, si que están entrenando comigo, de principio, sei que estamos negociando e as perspectivas non son malas«.

    Así ve Vázquez o futuro de Mujaid e Uche

    Un dos xogadores co futuro no aire é o canteirán Mujaid. Deste modo, Vázquez analizou de mañeira independente o caso do defensor. «Ten contrato co Dépor, é un chaval que nos gustaría que crecera, que medrara, pero o club ten un tipo de condicionantes polos que Mujaid podería saír. Ten dous anos de contrato e ten cláusula de rescisión. Se Mujadi decide renovar o seu contrato, quizá podería ser interesante para o Dépor que fose xogar a unha Primeria división por aí. Seguiría revalorizándose e o Deportivo non perdería nada, aunque evidentemente perderíamos a un gran futbolista», explicou o de Castrofeito.

    Nunha situación similar encóntrase Uche Agbo, sobre quen o míster mostrouse optimista. «Temos unha porcentaxe importante de que Uche acepte quedar no Dépor, o cal nos daría un potencial importante na categoría. Con todos os que están agora, Uche non entrena, quizá lle falte unha semana ou dez días, pero está entrenando con forza, con moito ánimo. Falei con el e é posible que dea o OK, pero non depende só del. Ten que falar co seu equipo, pero temos esperanza de que si, que sexa un valor importante para nós», comentou.

    Ademais das situación contractuais, a crise da covid tamén marca inevitablemente estes días de preparación. De feito, o Dépor tivo que suspender hoxe o seu primeiro amigable da pretempada. «Íamos xogar hoxe un partido contra o Fabril, xa podíamos facelo tranquilamente, pero decidimos non xogalo por cuestións de seguridade sanitaria. Decidimos deixalo para a semana que ven. Nas pretempadas gústame xogar cada tres días, pero será imposible para todos. A ver como arreglamos. Non chegamos aínda ao detalle de que partidos imos xogar. Estamos metidos noutro problema que é a confección da plantilla», asegurou.

    A Segunda B, máis complicada e aínda sen definir por completo

    Unha das cuestións que tamén xurdiu na rolda de prensa foi a do novo formato da Segunda B. Neste sentido, o adestrado tentou deixar varias ideas claras. «O primeiro que quero dicir é o seguinte. Vamos apartar agora que nos din que temos que xogar en Segunda División B. Aceptemos iso. A partir de aquí, todos teríamos que ser moi conscientes de que, como dixen antes, estamos superando unha situación traumática como a que ocorreu. Temos que pensar unha cousa. Vamos a xogar a unha categoría que todos poderían pensar que seríamos o Madrid ou o Barcelona da competición», sinalou o técnico, que a partir desa base insistíu na importancia da humildade.

    «A veces, así como digo que temos mimbres para volver a renacer, antes faltoume a palabra humildade. Que me parece importantísimo. Xa en Segunda a algúns lles costa entender que é difícil. nós ahora vamos a Segunda B e ninguén vai regalar nada. Adoita pasar o seguinte. Cando non coñeces a categoría, non coñeces aos xogadores, tes tendencia a menospreciar, menosvalorar. Xoguei en Segunda B e xoguei Copa en Segunda B. O meu equipo sempre lle poñía as cousas difíciles aos de Primeira. Hai equipos que lles gañan aos de Primeira. Por moi Dépor que sexamos, temos que ter a humildade de que en Segunda B hai bos xogadores, grandes entrenadores e bos clubs«.

    Neste sentido, continuou a referirse a dificultade que vai ter a categoría. «Non é chegar e gañar sen baixar do autobús. Vai ser moi dificil, moi dificil. É gran responsabilidade para entrenador, xogadores, director deportivo…. Seguramente, un empate en Segunda B estaría mal catalogado, como unha derrota. É importante ter a humildade de saber que vamos perder e empatar partidos. Son parte da competición. Non menospreciemos, teñamos humildade suficiente para autoanalizarnos e, a partir de aí, competir con igualdade. Esepremos que o noso equipo estea en disposición de volver a Segunda».

    Ademáis, o adestrador do Deportivo está a espera de que ese formato sexa oficial, xa que aínda ten dúbidas sobre o sistema de competición. Para el, é especialmente importante coñecer como será o playoff final de ascenso. «Vai ser un grand slam de tenis. Non sei se vai ser partido único ou que… A partido único o Dépor sería un gran prexudicado, sería unha lotería. Témonos que xogar todo a un partido?  Creo que de momento é así, espero que polo menos sexa a doble volta. Dádevos conta da responsabilidade. Non é quedar campeón, xogar contra outro… Iso xa pasaba. Era unha certeza importante, agora non. Agora casi te vas enfrontar con todos e tes que ser o mellor. Os 4 mellores de 102… Velo así directamente e parece que asusta un pouco. A responsabilidade do equipo, dos xogadores, do entrenador, de Richard… Iso debe entendelo a afección porque pesa. A situación é durísima, nunca vista», insistiu.

    O momento de Alberto e de Gandoy

    Coa chegada de Carlos Abad e o canteirán Alberto, a portería do Deportivo podería estar cerrada para o próximo curso. «100% definitivo non está decidida, pero hai posibilidades de que o titular sexa Carlos Abad e Alberto ser o segundo porteiro. Pero pode haber unha segunda fichaxe dun porteiro». Así, o gardarredes xuvenil podería contar cun papel de relativa importancia nesta nova aventura.

    Quen seguro gozará de protagonismo e Yago Gandoy, un dos canteiráns que máis gusta a Fernando Vázquez. «Participar vai participar. Eu conto con Gandoy para a pretempada, non sei como está o seu contrato, pero si. O ano pasado xa estivo comigo e pode ser un futbolista que sexa o seu momento, quizá poida explotar nesta campaña», aventurou sobre o centrocampista.

    Finalmente, o adestrador referiuse a Adrián Castro, outro dos fabrilistas que podería ter ficha do primeiro equipo debido á normativa da Segunda B. «Como ben sabedes, temos 22 fichas… 6 teñen que ser sub 23. A ver se temos sub 23 que destaquen no equipo e sean fixos. A partir de aí, Adrián Castro estame gustando. Hai cousas que me gustan. Non me gusta falar tan rápido de futbolistas. Hai cousas que me gustan e outras que non me gustan tanto, pero podía dicilo de todos. A súa cualidade más importante é a intelixencia táctica á hora de moverse para buscar situacións de gol«, sinalou.

    Previous ArticleFernando Vázquez: «Non podo aceptar estar en Segunda B sen ser xulgado»
    Next Article Gaku se despide de A Coruña y defiende a su seleccionador
    Redacción
    • Website

    Equipo de redacción de Riazor.org.

    Próximo partido
    • Ida playoff. 04-06. Dépor – Castellón (19h)
    • Vuelta playoff. 11-06. Castellón – Dépor (18h)
    • Directos
    27 mayo, 2023

    Así te contamos en directo el Pontevedra 1-1 Deportivo de Primera Federación, jornada 38

    21 mayo, 2023

    Así te contamos en directo el Cacereño 0-0 Dépor ABANCA, semifinal del playoff de ascenso a la Primera División Femenina

    20 mayo, 2023

    De la Barrera: «Sentí que los chavales estaban para esto y vaya si aprovecharon la oportunidad»

    • Entrevistas
    26 mayo, 2023

    Jaime Sánchez: «A doble partido veo muy difícil que alguien nos pueda ganar en el playoff»

    12 mayo, 2023

    Pablo Martínez: «Quedan tres partidos y después pasaremos al ‘modo playoff’ si estamos en él»

    5 mayo, 2023

    Mauro Silva recuerda lo que supuso Arsenio Iglesias en su carrera: «Siempre lo tendré en mi corazón»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2023 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.