Logo de facer entrevistas en edicións anteriores do Deportivo vs Celta, ata de facer o conversacións WhatsApperas con Gonzo e Touriñán e despois con Javier Veiga e Susana Seivane, nesta ocasión quixemos ir un paso máis aló.
A través de varias preguntas, intentamos saber como ven o Deportivo – Celta tanto Marcos Pereiro, como Gonzo, Touriñán, Terio Carreira e Susana Seivane. Preguntámoslles como ven aos dous equipos para o derbi, cal é o seu mellor recordo, ata que se atrevan cunha porra.
No vídeo hai ata algún pique san, que é a salsa de todos os derbis. Así que sen máis, aconsellámosvos que lle deades a play e gocedes deste ‘Derbi dos artistiñas’.