Facebook Twitter Instagram
    RSS Facebook Twitter YouTube Instagram
    Riazor.org
    • Inicio
    • Deportivo
      • Noticias Deportivo
      • Horarios
      • Resultados y Clasificación Primera RFEF
      • Calendario Primera RFEF: Temporada 2021-2022
      • Plantilla Deportivo Coruña
      • Cedidos
      • Copa del Rey
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Plantilla Fabril 2021-22
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Tribuna
      • Crónica reposada
      • Uno por uno
      • Premio Fundación Clínica Pardiñas
      • ExDépor
      • Contrapunto
      • Sorteos
    • Dépor Femenino
      • Resultados y clasificación
    • Polideportivo
      • Resultados y clasificación Liceo
      • Resultados y clasificación Basquet Coruña
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Home»Conversas cuánticas»Juan Emery: “Estes dous rapaces, Amancio e Veloso, han dar moito que falar nisto do fútbol”

    Juan Emery: “Estes dous rapaces, Amancio e Veloso, han dar moito que falar nisto do fútbol”

    217
    Por Antonio M. Fraga on 3 junio, 2016 Conversas cuánticas

    Conversas cuánticas son unha serie de entrevistas ficticias a personaxes que, segundo o subxectivo e ás veces extravagante criterio do autor, resultaron relevantes na historia do Real Club Deportivo. O autor asume a responsabilidade de calquera erro histórico que poida producirse, voluntario ou non, de ningún xeito imputábel ás fontes consultadas. Pasen e lean!

    Nunha mesma semana vemos a Unai Emery dirixir dúas finais desde o banco do Sevilla. A primeira é contra o Liverpool, na final da UEL, con resultado favorábel ao club de Nervión. A segunda enfróntao ao Barça, na final da Copa do Rei, onde o club catalán se impón por dous goles a cero na prórroga. Observamos ese adestrador visceral, sempre xesticulante, estudoso do fútbol até a enfermidade, e decidimos indagar a súa conexión familiar co Deportivo da Coruña. Unai é fillo de Juan e neto de Antonio “Pajarito”. Ambos os dous porteiros forxados na frutífera canteira do Real Unión de Irún, club posuidor de catro títulos copeiros alá no comezo do século XX. Juan Emery, pai de Unai, defendeu o escudo do Real Club Deportivo entre o ano 1959 e 1962. El será o vindeiro obxectivo das nosas conversas cuánticas.

    Viaxamos até unha mañá solleira do xuño de 1962. É sábado, e o cantón está ateigado de cativos con cornetes de xeado nas mans. Atravesamos o balbordo de berros e xogos até a parada de taxis do Obelisco, onde lle pedimos a un taxista obeso, denegrido e fumador de Farias que nos leve até a estación de ferrocarril. Alí, na súa cafetería, encontramos o xa ex-porteiro do Deportivo, que nos agarda de pé, lendo un xornal engurrado e descolocado polo seu ímpeto.

    «Pensei xa que non viñan», saúdanos nervioso. «Combinamos ás once, e son aínda menos dez», aclaramos. «Pode ser. O meu reloxo adianta. Imos logo, que en vinte minutos collo un tren».
    Sentamos nunha mesa a carón dunha xanela e comezamos a falar.

    Antes de nada, moitas grazas por aceptar esta entrevista nunha época que imaxinamos complicada para vostede.
    Cóllenme de paso. Viaxei até A Coruña para rescindir o meu contrato. Agora vou a Xixón, onde teño que amañar un par de asuntos, e despois de vacacións.

    A Irún?
    Si, volvo a Irún unhas semanas para estar coa familia antes de incorporarme á pre-tempada co Sporting.

    E como é que marcha do Deportivo xusto cando o club logrou o ascenso a 1ª División?
    O Deportivo acaba de fichar dous porteiros [Betancourt, procedente do Real Madrid, e Padrón, do Celta] polo que non me ía tocar xogar moito. Tiña aínda un ano de contrato, mais procurei a saída. O ano pasado fixen un moi bo partido no Molinón. Seguramente iso levou os técnicos do Sporting a ofrecerme unha ficha.

    Cal é a súa valoración do seu paso pola Coruña?
    En xeral boa. Aquí fun feliz. Aínda que non vou gardar boa lembranza do tempo, da chuvia constante. Adestrabamos mañá e tarde, polo que apañaba dúas molleiras ao día.

    En Xixón tamén chove…
    E en Irún, xaora! Mais non tanto como aquí.

    E deportivamente?
    Houbo de todo. Fichei polo Deportivo na tempada 59-60 e aquí botei tres campañas, todas en segunda división. Na primeira adestroume Jesús Barrio e fun titular indiscutíbel, xogando vinte e nove partidos en liga e catro en copa. Ese foi o meu mellor período. Despois, na segunda tempada, o meu compañeiro Rafa xa xogou máis ca min.

    Algún partido especial que lembre con cariño?
    Pois precisamente nesa segunda tempada, un partido contra Osasuna en Riazor que gañamos por 2-1. Eles tiñan a Sabino, un dianteiro de case dous metros. Centrábanlle a pelota e eu sacáballa coa punta dos dedos. A afección quíxome sacar a ombros!

    E aceptou?
    Non, negueime. Iso é só para os toureiros.

    Que compañeiros dos que tivo no Deportivo destacaría?
    Home, coido que non vou ser orixinal na resposta, mais eses dous rapaces, Amancio e Veloso, han dar moito que falar nisto do fútbol. Por algo insistiu tanto Santiago Bernabeu na fichaxe de Amancio.

    Como se definiría Juan Emery como porteiro?
    Pois gústame xogar fóra da área e non enclaustrarme baixo os paus. Son un porteiro áxil e con bos reflexos, mais por desgraza non moi alto, como poden ver. Ese é o meu maior defecto, e non ten solución.

    Circula por aí unha anécdota en relación á súa altura e unha posíbel fichaxe polo Real Madrid…
    Si, certo! Samitier [Secretario técnico do Real Madrid] veu esta tempada a Riazor para ver a Amancio, a Veloso e mais a min. Lembro que uns días despois lin unhas declaracións súas nun xornal local: “Emery tiene grandes cualidades, pero es un poco vago”. Despois aclarouse que aquilo fora unha errata. Samitier dixera “bajo”, non “vago”. Eu mido 1,73

    Antes de xogar no Deportivo, vestiu a camisola de diferentes equipos. Quedaría con algún en especial?
    Pois sen dúbida co Real Unión de Irún. É o equipo da terra que me viu nacer, onde tamén xogou meu pai. Téñolle tamén cariño aos outros. Pasei tamén moi bos momentos en Vitoria, Burgos ou Logroño. Mais o primeiro amor disque é para sempre.

    Xa que menciona o seu pai, Antonio Emery “Pajarito”, porteiro daquel mítico Real Unión de Irún que gañou dúas Copas de España, supoño que este lle aprendería moitas cousas do oficio.
    Adquirín do meu pai algunhas das súas cualidades baixo os paus, aínda que non son tan bo coma el despexando de puños. Iso recrimínamo sempre! Pola contra, si tomei a decisión de ser valente nas saídas, tocando coa punta dos dedos o balón para evitar o remate do dianteiro. Gústame ese xeito de dominar a área pequena.

    Xa para finalizar: ve o seu futuro ligado ao fútbol?
    Polo de agora teño aínda carreira por diante. No futuro nunca se sabe. Eu vexo moi ben o fútbol, é un don que teño. Este ano, cando chegou ao equipo Juan Ochoantozana, pediume a miña opinión e lle dixen que Amancio e Veloso debían xogar só arriba e non baixar a traballar. Acabaron marcando trinta e dous goles entre os dous. Así que algo de ollo teño!

    Máis Conversas cuánticas:

    Federico Fernández-Amor Calvet, fundador do que agora coñecemos como RC Deportivo: “O football estendeuse pola cidade como un andazo de sarampelo”.

    Luis Otero, xogador que deixou o Celta polo Dépor en 1924: “A conmoción en Vigo pola miña marcha foi enorme”.

    Bebel García, deportivista fusilado en 1936: “Como futbolista, igual que na vida, doulle coa esquerda”.

    Santiago Rey Pedreira, arquitecto do moderno estadio de Riazor: «Riazor é un adiantado aos tempos vindeiros».

    Helenio Herrera, ex adestrador do RC Deportivo: «No fútbol non existe a maxia, só a paixón e a loita».

    Rafael Franco, delantero de la Orquesta Canaro: «O subcampionato de Liga é un fito que quedará para a historia».

    ¡Únete a nuestro Patreon!
    Previous ArticleLucas Pérez recibe el Premio Cigarrón de la Peña Deportivista Verín
    Next Article Celta y Deportivo, interesados en Kranevitter
    Antonio M. Fraga

      Nado en Pontedeume en 1976 e actual veciño de Monte Alto, son escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comecei a miña andaina como narrador no 2013 coa novela infantil Xildas. Ese mesmo ano acadei o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril. Deportivista desde a primeira vez que pisei Riazor, frecuento agora estoutro estadio virtual para deixar estas pingas de ficción.

      Próximo partido
      • J. 21. 29-01. S. Fernando – Deportivo (16:00)
      • Calendario y horarios Deportivo en la segunda vuelta
      • Directos
      21 enero, 2023

      Así te contamos en directo el Deportivo 1–0 Rayo Majadahonda de Primera Federación, jornada 20

      14 enero, 2023

      Así te contamos en directo el Alcorcón 3–1 Deportivo de Primera Federación, jornada 19

      8 enero, 2023

      Óscar Cano: «Villares, ahora mismo para el equipo es eso. ¿Dónde falta hacer algo? Ahí lo pones»

      • Entrevistas
      26 enero, 2023

      Alfredo Santaelena: «En Riazor, el Deportivo tiene que ser un equipo arrollador»

      25 enero, 2023

      Ángel Puerto explica por qué «goza» defendiendo

      21 enero, 2023

      Lucho García: «Quiero ver el ambiente de Riazor que yo no pude vivir»

      ¡Hazte Patreon!

      Become a Patron!

      Sobre nosotros
      Sobre nosotros

      Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

      Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

      ¡Hazte Patreon!

      Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

      ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

      © 2023 Riazor.org
      • Política de privacidad y aviso legal
      • Política de cookies

      Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.