Hoy a las 20.30 horas está convocada una quedada en la Plaza de Pontevedra para que la hinchada deportivista pueda manifestarse.
Desde hace días se andan movilizando los diferentes aficionados blanquiazules en las redes sociales una convocatoria para que el deportivismo se eche a la calle en busca de una solución de urgencia ante un final que parece dramático. Anoche, los Riazor Blues hicieron oficial esta quedada con un comunicado.
Copiamos íntegramente el comunicado de los Riazor Blues al respecto.
«Despois de tantos partidos do noso club a vida ou morte nos terreos de xogo, desta volta achegámonos a un novo encontro que, lamentablemente, xogarase ao «todo ou nada» nos despachos, nese maldito lugar a onde nunca debeu chegar.
Despois dun ano tan duro, un ano no que o único que estivo á altura das circunstancias foi o DEPORTIVISMO,… moi lonxe da incompetencia amosada polos xogadores no campo e polos dirixentes dos diferentes estamentos nos seus respectivos despachos.
Despois de meses aturando as declaracións dos mesmos que nos tempos de viño e rosas, achegábanse interesadamente aos palcos de Riazos a sacarse a foto e sacar tallada económica dos éxitos do noso club, que atenden a escuros intereses persoais e xamais respectando ao Real Club Deportivo da Coruña… achegámonos ao límite sen ter asinado o xa famoso Convenio Concursal.
Riazor Blues esixe máximo respeto polo club e o Deportivismo, e urxe a todos os implicados dar unha solución a esta situación. O Deportivismo non permanencerá impasíbel, cos brazos cruzados, namentres uns homes de traxe, que non entenden nada do sentimento por unhas cores, están a chupar ata a derradeira gota do sangue do club da nosa cidade.
Por iso, convocamos con urxencia ao DEPORTIVISMO a secundar a convocatoria de mañá Martes ás 20.30 horas na Praza de Pontevedra en prol do respecto polo Real Club Deportivo da Coruña e unha solución que aclare o futuro do noso centenario club.
O DÉPOR SOMOS NÓS»