Close Menu
    Facebook X (Twitter) Instagram
    RSS Facebook X (Twitter) YouTube Instagram
    Riazor.org
    • INICIO
    • RCD
      • Noticias Deportivo
      • Convocatoria
      • Crónica
      • Uno por uno
      • Análisis
      • Entrevistas
      • Horarios
      • Resultados y clasificación Deportivo de La Coruña
      • Cedidos
      • Dépor Genuine
      • Estadio Deportivo
      • Fotos Deportivo
      • El Club
        • Historia Deportivo Coruña
        • Palmarés Deportivo Coruña
        • Equipación Deportivo Coruña
        • Escudo Deportivo Coruña
        • La ciudad de A Coruña
    • Fabril
      • Resultados Fabril
      • Crónica Fabril
    • Dépor Fem
      • Resultados y clasificación
    • Foro Dépor
    • Patreon
    • Contacto
      • Quienes somos
    Riazor.org
    Estas en:Inicio » Conversas cuánticas » Musti Mujica: «O equipo non perdeu xamais a fe no ascenso»

    Musti Mujica: «O equipo non perdeu xamais a fe no ascenso»

    231
    Por Antonio M. Fraga on 11 mayo, 2017 Conversas cuánticas

    Esta é, sen dúbida, a conversa máis especial que os viaxeiros fixemos até o de agora. Por vez primeira asistimos a un partido que xa viviramos en directo. Ou o que é o mesmo, partillamos bancadas cos nosos “eus” de hai 26 anos.

    Tomamos a decisión de entrevistar a Musti Mujika despois do Osasuna-Deportivo desta tempada. Coa decepción aínda no padal, alguén soltou a comparación entre o equipo do presente e aquel que ascendeu no 91. Os xogadores actuais portan no peito un escudo que aínda retén a grandeza forxada (en parte) durante as últimas décadas. A maioría non empatou con ninguén, mais compórtanse como auténticos divos, como señoritos pagados de si mesmos aos que non se lles pode nin tusir. Pola contra, os fichados na 90/91 chegaron a un club que levaba case vinte anos penando en categorías inferiores. Moitos deles procedían de clubs da primeira división. Podía semellar un paso atrás na súa carreira. Aínda así, amosaron un total compromiso co club que representaban, pelexando até o derradeiro minuto para conseguir o ascenso.

    Entre aquelas incorporacións estaba Mujika, que chegou dun equipo que loitaba por títulos para ser finalmente suplente na segunda división. E cumpriu, vaia que si!

    A vida de Juan Mari Mujika Izaguirre truncouse en xuño de 2001, cando un grave accidente de tráfico o deixou en coma vexetativo. Tres anos despois falecería en Zumárraga, á temperá idade de 41 anos. Alén da súa dimensión persoal, deixaba tras de si 147 partidos na primeira división (a meirande parte coa Real Sociedad) e un título de Copa do Rei.

    O 9 de xuño de 1991, chegamos a unha cidade esplendidamente festiva. A xente ateigaba as rúas, nun preludio do verán cheo de cánticos, bucinas e formigoneiras brancas e azuis. Como o ceo; como o mar.

    Asistimos de novo ao cheo histórico de Riazor. Procuramos sen éxito a dous rapaces que se divertían na bancada de Xeral, ignorantes de que as súas versións futuras se refuxiaban na Tribuna, detrás do banco do Deportivo.

    Saen os equipos ao céspede. Bandeiras ao vento, bengalas, berros e moito fume. Enriba de nós, Paco Vázquez fuma un enorme puro detrás das lentes de sol. «Semella un mafioso», ri o meu colega. Lendoiro non anda lonxe. Loce un bo tipo, moito máis delgado que na actualidade.

    Pouco despois comeza arder a cuberta de Marcador. As caras de preocupación dos presentes contrastan coas nosas, enchidas de fascinación nostálxica. «Velaí vai o meigallo», tócame dicir a min.

    O que veu logo xa é máis que coñecido. Centro de Sabín Bilbao, Villa non chega e Stoja fusila o primeiro. Pase en profundidade, mala saída de Fernández –o porteiro murcianista –e o espigado balcánico asina o segundo gol. Observamos a Mujika durante os derradeiros instantes do partido, de pe no banco, bailando cunha gorra do Deportivo na cabeza.

    Despois, o delirio: invasión do céspede, Fran en calzóns (non sería a única vez), berros de Stoja-Stoja, Arsenio reverenciado polos que non hai moito lle asubiaban, camisolas de Leyma, Lendoiro botando…. Con moitas dificultades conseguimos chegar até o vestiario local. Un Mujika desatado róuballe o micro ao xornalista da TVG. «Aquí estamos con todos os xogadores do Deportivo da Coruña », berra feliz o loiro, «imos entrevistar a Stoja…», os berros de oeoeoé –aos que se suma –impídenlle continuar a reportaxe.

    Agardamos un chisco a que amaine a ledicia e achegámonos a el. Recoñécenos de inmediato, chantándonos senllos beixos nas fazulas. «Vide comigo», di antes de nos conducir a un almacén de material, o único lugar onde é posíbel manter a seguinte conversa.

    Como entendemos que quere ir celebrar o ascenso cos seus compañeiros, imos ser breves.

    Si, por favor! Eses cabróns son capaces de marchar sen min… [di rindo]

    Custou chegar, mais aí estades: na primeira división case vinte anos despois.

    A iso nos comprometeramos no comezo da campaña. Non foi un camiño fácil, nin moito menos. A segunda división é realmente dura. Sei que pode soar a tópico, que é algo que todo o mundo di, mais é certo. Se non pelexas até o final resulta complicado acadar o obxectivo. Senón que llo pregunten ao Murcia, que pasou case toda a tempada de líder…

    Cal considera vostede que foron as claves do éxito?

    O equipo non perdeu xamais a fe no ascenso. En febreiro estabamos descolgados, moi lonxe dos primeiros postos. Aínda así, non baixamos a cabeza e continuamos a remar. Os meses finais foron fabulosos. Despois, tamén axudou a incorporación de Djukic. Aínda que só xogou os últimos cinco partidos, deulle moita seguridade á liña defensiva neste sprint final.

    Vostede tiña xa unha carreira na primeira división. Que o levou a fichar por un club de segunda?

    A ver, nesta vida hai que ser humilde. Eu non vin a miña fichaxe polo Deportivo como un paso atrás. Levaba xa un par de anos con pouca participación na Real e considerei que había que procurar unha saída. O Deportivo pelexara xa o ascenso a tempada pasada [na tempada 1989-1990 perdeu a promoción de ascenso contra o Tenerife], e para esta estábase a reforzar ben. Kana, Villa, Uralde, Yosu, Albístegui, Stoja… O proxecto deportivo parecía serio. Así que, finalmente, decidinme pola Coruña. E estou moi feliz, claro.

    Agora que volve á primeira división: como lembra a súa primeira experiencia nesta categoría?

    Subín ao primeiro equipo da Real no verán de 1985. Salva Iriarte, que daquela era o meu adestrador no Sanse, achegouse a min unha mañá en Zubieta e espetoume: “A partir de agora xa non adestras con nós. Parabéns”. Tardei aínda un anaco en descifrar o que quería dicir, porque vía difícil o salto ao primeiro equipo. Púxenme ás ordes de Toshack e non o fixen mal. Esa tempada anotei sete goles.

    Diría que esa foi a súa mellor campaña como realista?

    Mmm…talvez non. Tanto desde o punto de vista individual como colectivo, coido que ficaría coa segunda. Fun titular durante boa parte da campaña e, ademais, gañamos a Copa do Rei.

    Un título copeiro que a Real non acadaba desde 1909…

    Xa choveu, non? Foi un día espectacular! Había na Romareda máis de 20.000 realistas. Adiantámonos en dúas ocasións, con goles de López Ufarte e Beguiristain, mais o Atlético conseguiu empatar. Eu substituín a Zamora preto do final. Fun un dos designados para a quenda de penaltis. Tremíame o corpo todo! A piques estivo de pararmo Abel, mais entrou. Despois, cando Arconada parou o derradeiro penalti, estourou o delirio.

    Volvendo agora a esta primeira tempada na Coruña: que pensa que lle aportou ao Deportivo?

    Eu son un xogador de equipo, moi disciplinado. Trato de contribuír con carácter, mais tamén con calidade para chegar arriba desde a banda dereita.

    E como ve o seu futuro no club?

    [Mujika fica un segundos calado, caviloso]

    Esta tempada só xoguei seis partidos como titular, e iso pesa. A competencia é grande. Gil, Aspiazu, Kana, José Ramón… Hai xente moi boa no centro do campo. Quero sentirme de novo xogador de primeira división, ser útil para o equipo. Ese é o meu obxectivo para a nova tempada.

    Xa para terminar: imaxina como será a súa vida despois de colgar as botas?

    Buf, só teño 28 anos! Espero, se non hai cousa mala, que falten aínda uns aniños para iso… Mais non sei, gústame o deporte e adoro os nenos. Estaría ben crear unha academia de fútbol… Si, coido que iso sería bonito!

    Previous ArticleBruno Soriano está casi descartado ante el Deportivo
    Next Article Tere Abelleira a un paso de hacer historia
    Antonio M. Fraga

    Nado en Pontedeume en 1976 e actual veciño de Monte Alto, son escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comecei a miña andaina como narrador no 2013 coa novela infantil Xildas. Ese mesmo ano acadei o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril. Deportivista desde a primeira vez que pisei Riazor, frecuento agora estoutro estadio virtual para deixar estas pingas de ficción.

    Últimas noticias
    13 junio, 2025

    Los recién ascendidos mueven ficha: renovaciones y despedidas en la Cultu y el Ceuta

    13 junio, 2025

    El Dépor ABANCA ya conoce las principales fechas del calendario de la próxima temporada en Liga F

    13 junio, 2025

    El Mirandés arrasa y deja al Racing de Santander en el ‘infierno’

    12 junio, 2025

    El Deportivo 24/25: la montaña rusa de febrero y la visita de Hidalgo a Riazor

    • Directos
    1 junio, 2025

    Comenta y sigue en directo el Deportivo – Elche

    29 mayo, 2025

    Dépor Juvenil – Betis, en directo: sigue en vídeo la semifinal de la Copa de Campeones

    25 mayo, 2025

    Así te contamos en directo el Zaragoza 1-0 Deportivo

    • Entrevistas
    13 mayo, 2025

    Óscar Marotías: «Es una temporada inmejorable, el playoff es un premio a los chavales y al club»

    1 mayo, 2025

    Obrador y su posible continuidad en el Dépor: «Quiero centrarme en entrenar y disfrutar lo que me queda aquí; es una opción y no descarto nada»

    17 abril, 2025

    Eva Dios: «La renovación tan larga fue un poco sorpresa y todavía no lo tengo del todo asimilado»

    ¡Hazte Patreon!

    Become a Patron!

    Sobre nosotros
    Sobre nosotros

    Riazor.org es la web líder de información sobre el Real Club Deportivo de La Coruña en Internet.

    Noticias del Deportivo, crónicas, reportajes, galerías de fotos, contenidos de opinión y todo tipo de información actualizada diariamente, creada por y para seguidores del Dépor.

    Codigo promocional codere

    Kinemaland

    ¡Hazte Patreon!

    Esta temporada hemos estrenado nuestros directos en RiazorTV. Todos los lunes hacemos un programa en abierto, teniendo uno especial los miércoles y viernes para Patreons.

    ¿Quieres saber en qué consiste y como puedes apoyar nuestro trabajo? ¡Hazte patreon de riazorTV! 

    © 2025 Riazor.org
    • Política de privacidad y aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de cookies (UE)

    Type above and press Enter to search. Press Esc to cancel.