Juan Acuña: “Non son quen de imaxinarme defendendo outras cores que non sexan as do Deportivo”

204

Sabedores da necesidade de economizar gastos, facemos algo nunca fixéramos: aproveitamos a viaxe para manter dúas conversas diferentes. Así que continuamos no 1 de setembro de 1955. Tras o bo momento vivido no vestiario de Riazor durante a nosa entrevista a Pahíño, dirixímonos a unha cafetería próxima ao estadio. Alí quedaramos de vernos co mítico Juan Acuña. O porteiro, con máis de quince anos de carreira no Deportivo da Coruña, está xa na derradeira etapa da súa vida deportiva.

Recíbenos sentado nunha mesa da terraza, acenando alegre para indicarnos a súa posición. O serán botouse devagar enriba da baía coruñesa, e o sol loce no horizonte atlántico como unha cereixa madura a tinguir co seu zume as barrigas das nubes. A temperatura é agradábel, o ambiente xovial. O Deportivo vén de gañar o primeiro trofeo Teresa Herrera da súa historia, o que semella que ergueu a ombros a propia cidade, que se ve máis alta, máis rotunda, como unha mesa preparada para un banquete de voda.
«Non fiquen de pé. Senten comigo por favor. Toman algo?». Intuimos un home humilde, ponderado e simpático. Pedimos dúas cervexas e sentamos canda el. “Xanetas” está a dar boa conta dun bocadillo de luras. «Os partidos déixanme esfameado», confesa.

Queremos dicirlle, en primeiro lugar, que como deportivistas é unha honra poder entrevistalo.
Grazas, home, moitas grazas! Para min será tamén un pracer axudalos no que poida.

Gustaríanos, ao longo da conversa, repasar globalmente a súa carreira.
Iso déixame mal corpo. É o adoita facerse cando un se retira.
[Ficamos un chisco contrariados, sen saber que dicir]

Malia a súa xuventude (32 anos) conta cunha dilatada experiencia. A iso nos referiamos.
Boa saída! [Acuña ri] Empecei moi novo. Teñan en conta que debutei co Deportivo sendo practicamente un neno.

Un debut que se produciu por casualidade, pode dicirse.
Asi foi. No ano 38 eu xogaba no Eureka. Tiña só catorce aniños. O Deportivo ía xogar un partido en Compostela, mais faltáballe o porteiro. Alguén lles falou aos técnicos de min e viñeron verme de incógnito. Debeu de gustarlles o que viron, porque me chamaron para xogar ese partido en Santiago. E eu encantado, claro!

Así conseguiu o seu primeiro contrato profesional.
Asineino cando acabou a guerra. Nada menos que 300 pesetas ao mes. Poden imaxinar o que daquela supuña para un rapaz coma min. Aínda que era moi novo, tiña personalidade dabondo. Con dezaseis anos era xa titular no Deportivo.

Fálenos agora un pouco das súas características como porteiro.
Gústame, sobre todo, dominar a miña área. Son moi mandón. A área é a miña casa e non me gustan os intrusos. Teño tamén bos reflexos, o que pode sorprender debido á miña corpulencia. E despois son valente nas saídas. É a miña principal característica como porteiro. Nun despexe cos puños podo chegar até o centro do campo!

Esta característica que sinala, a das saídas, tenlle dado moitas alegrías, mais tamén algún desgusto.
A que se refire?

Por exemplo: en 1940, nunha saída de puños, sufriu unha luxación de ombro.
Coido que non pasei tanta dor na miña vida! Aínda así, ás topadas, acabei callando bos partidos. Esa foi a tempada na que ascendimos a primeira división, nun partido contra o Murcia.

E outro exemplo máis do seu ímpeto nas saídas: na 49-50 tirouse aos pés de Rafa, dianteiro do Valladolid, e fracturoulle unha perna.
[O xesto de “Xanetas” escurécese]
Aquilo foi totalmente fortuíto. Foi moi inxusta toda a campaña que se montou na miña contra. Sancionáronme sen xogar até que Rafa se recuperou.

Cambiando agora de tema: como lembra o seu debut internacional?
Con certa nostalxia. Pasou xa tanto tempo… Dezasete anos tiña! Era practicamente un neno. Fora xa convocado para dous partidos contra Portugal, un en Madrid e outro en Lisboa, mais non xoguei ningún dos dous. A miña oportunidade chegou en Valencia contra Suíza, cando tiven que entrar ao campo para substituír o porteiro titular. Desde entón, fun convocado outras quince veces coa selección española. Porén, non volvín xogar.

Chegamos aquí a un dos temas máis complicados da nosa conversa. Sendo vostede, indubidabelmente, un dos mellores gardametas dos últimos anos, sorprenden esas poucas oportunidades que tivo na selección. Mesmo semella estar “vetado”, por dicilo dalgún xeito. É certo que tivo problemas con Guillermo Eizaguirre, seleccionador español no Mundial de Brasil?
Algo houbo. Máis que un problema, tratouse dun grande equívoco. Xa que estamos en confianza, voulles contar a anécdota: Eu fun preseleccionado para xogar o Mundial de Brasil. O porteiro titular ía ser outro Eizaguirre, Iñaki, o do Valencia. Eu ía como segundo porteiro e Ramallets como terceiro. Estabamos preparando a viaxe no aeroporto de Barajas cando lle escoitei dicir ao seleccionador: “As maletas que as cargue o galego!”. Referíase a un dos moitos galegos que se dedican a cargar equipaxes en Barajas. Pola contra, eu pensei que se refería a min. Ferveume o sangue e reaccionei de mal modo: “As maletas vainas cargar a túa puta nai”, díxenlle. Púxose como unha fera. “Vostede non sube ao avión. Non vai ao Mundial. Fica en terra”. Finalmente, despois dun tirapuxa, si fun ao Mundial. Disque o propio Franco sentía debilidade por min, e iso inclinou a balanza. Aínda así, non xoguei nin un minuto. Contra Estados Unidos, no primeiro partido, Iñaki Eizaguirre fixo un partido horroroso que o relegou ao banco. Mais o seleccionador optou por Ramallets nos seguintes encontros.

Falemos entón agora de temas máis alegres. Quero que repase connosco os seus mellores momentos baixo a portería.
Como dicían vostedes ao principio desta conversa, teño xa unha carreira longa ás miñas costas, así que houbo de todo. Momento máis feliz? Pois sen dúbida a consecución do subcampionato de liga, na tempada 1949-1950. Despois, a título individual, os catro trofeos Zamora que gañei.

E algunha parada que lembre de xeito especial?
Talvez unha do ano 41. Xa choveu! Detívenlle a Campanal un xute a boca de cano ao ángulo da portería. O campo de xogo encheuse de chaquetas, gorras e mesmo zapatos. Foi unha tolemia! O árbitro tivo que suspender o partido durante uns minutos. O propio Campanal felicitoume pola parada cun grande abrazo.

Moi comentados foron tamén, ao longo da súa carreira, os seus problemas de peso.
Para ser xustos teño que aclarar que os problemas comezaron no ano 45. Até entón mantivera sempre unha boa forma. Que podo dicirlles? Gústame comer, iso é certo. Cando Helenio Herrera fichou polo Deportivo, o primeiro que fixo foi interesarse polo meu peso. Miroume de abaixo a arriba e espetoume: “Está vostede gordo de máis para xogar a nada”. Púxome a réxime. Ao mediodía podía comer o que eu quixese; pola tarde, un bocadillo de xamón ou de queixo; e á cea, un vaso de leite e dous plátanos. En vinte e dous días adelgacei oito quilos.

Chama tamén a atención a súa fidelidade co Deportivo. Seguro que tivo moitas ofertas para cambiar de aires.
Tiven ofertas importantes de clubs importantes, mais déronme o mesmo. Non son quen de imaxinarme defendendo outras cores que non sexan as do Deportivo.

E xa para rematar: moitos dianteiros rivais expresaron en máis dunha ocasión a súa admiración por vostede. Supoño que iso é un motivo de orgullo, non si?
É unha das cousas máis bonitas que me deu este deporte, o cariño dos rivais. Eu enfronteime a dianteiros como Basilio, Zarra, Araújo, Martín, Campanal, etc. Auténticas figuras. Todos eles manifestaron o difícil que era marcarme un gol. E non só os rivais! Lembro pararlle algún tiro a Chacho nos adestramentos e velo coas mans na cabeza berrando: “como puideches parar iso? É imposíbel!”

Compartir.

Sobre el Autor

Nado en Pontedeume en 1976 e actual veciño de Monte Alto, son escritor e enxeñeiro técnico industrial. Comecei a miña andaina como narrador no 2013 coa novela infantil Xildas. Ese mesmo ano acadei o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril. Deportivista desde a primeira vez que pisei Riazor, frecuento agora estoutro estadio virtual para deixar estas pingas de ficción.

204 comentarios

  • Condiciones generales y normas de los comentarios
    1. Non sei que me da que Gaizka é o perfil de adestrador que combén ó noso clube.
      Canto mais o escoito, mais me convence.
      Home de clube, sensato, con un punto interesante de humildade, pero ó que se lle intúe certa “mala ostia” pra poñer firme a quen se lle descarríe. Jajajaja.
      Non sei…a mín estame convencendo pouco a pouco. Falta ver como queda o plantel, e o rendemento que saca del.

      Off topic:
      Onte recibín unha carta pra comunicarme que queren incorporar ó meu cativo ás inferiores do FC Basel.
      Jajajaja! Caprichos do destino, ahí comenzei eu a dar os meus primeiros pasos no fútbol.
      Agora terei que entrevistarme cos responsables pra que me convenzan, xa que hai un par de clubes que tamén se interesaron polo meu neno. O Servette e o Grasshopper tamén están atentos.
      Tino!!!!! Non o deixes escapar!!!! Jajajaja!!!
      O rapaz é 100% adn deportivista e coa estatura que ten ós seus 8 anos…tremendo defensa.
      Está claro, a mezcla de adn irmandiño e vikingo, deu como resultado un armario empotrado. Jajajaja.
      Eu…con que o pase ben, xa está, agora que non podo esconder a ilusión que me fai que o Basel se interese por él.
      A nivel suizo…non hai mellor canteira, nin clube con mais prestixio.
      Iso sí, él dí que quere xogar algún día no Dépor.
      Novo caso Lucas????? Jajajajajaja!!!

      • Mister Danger Odio eterno al futbol moderno...y las televisiones de pago. el

        Noraboa, polo do neno.

      • Maese_Djalma el

        Non sei se virá a conto , pero o gran Gengis Khan , recomendaba ter fillos con mulleres lonxanas à terra onde naciches porque saian nenos mais sanos e intelixentes, eso é o que ten teu fillo unha mestura de sangue que é o que ten o teu fillo. Noraboa e que disfrute e chegue o mais lonxe posible, un moi cordial e afectuoso saúdo.

        • Jejejeje. Gran teoría, sí señor.
          Certo é que polo xeral á xente resúltalle chocante que o rapaz sexa medio galego, medio sueco.
          Non sei por qué, a verdade.
          Mais recoñezo que saíu espabilado de carallo, ademais de guapo. Jajajaja.
          Sorte pra él que se parece a súa nai. Jajajajaja

          Unha aperta pra tí tamén

      • Hola Joker
        Enhorabuena por lo del chaval. En el equipo técnico del Basilea hay un amiguete mío, se llama Yago y es de Santander (aunque parece vikingo como dices tú), un tipo muy de fiar y muy buena gente.
        Suerte
        Por cierto estoy muy de acuerdo contigo en lo de Garitano

        • Señor Boronat…canto tempo.
          Un pracer volver a ler a tan ilustre usuario.
          Xa case eres lenda do foro. Jajajaja!!
          Moitas gracias.
          Veremos o que facemos. A decisión tomarémola entre a nai e eu, e sobretodo, que él faga o que lle apeteza mais.
          Á súa idade só quero que disfrute da súa infancia. Non penso obrigalo nin mercadear con él.
          A ver cómo se plantexan os desplazamentos, as horas de descanso, a escola….e sobretodo, estar sempre coa familia e os seus amigotes.
          Vamos a ver…

    2. Bueno, pues de retirada ya.. por cierto chavales, a que no sabéis como quedó el auténtico fenómeno de Víctor “Del Ano” en el primer partido de su aventura griega? Seguro que lo adivináis, no hay fallo, jajajajajajaja xd

      • Menudo forúnculo que nos hemos quitado de encima con el señorito madrileño de los huevos, jejeje. Nada más, boas noites, e ata mañán!!

      • Bueno hombre era contra el sexto de la liga belga XD. Pero bueno aun hay que vendra a final de liga a decir veis como no era malo gano con el olympiacos la liga… jodido sera llevan 20 años seguidos ganandola XDD

    3. shinoshuke el

      Mira que lo llevo diciendo varios días, que estamos gastando dinero en jugadores que ocupan puestos intrascendentes y en el puesto de delantero donde estamos cortos de calidad quitando a Lucas, resulta que nos queremos traer un delantero cedido que no tiene experiencia en 1ª, tanto que criticais a Luis.
      Como diría cañita brava,- “me parece Bechornoso, por no decir Be-chor-no-so”.
      Me parecería bien traer un cedido para el lateral derecho, antes que pagar por Juanfran, (no salteis los defensores de Juanfran, no lo digo de forma personal, me parece bien el compromiso que tiene), me parecería bien traer un delantero cedido descartado de un equipo grande, (Munir, Jesé, Piatti,Baptistao, Vietto,…) pero traer un jugador cedido que no es titular en el Girona o al del Castilla que juega en 2ªB, sin opción de compra, para eso me quedo con Luis.

    4. IDEAL GALLEGO: Juanfran y Albentosa llegarán en las próximas horas a Coruña para firmar con el Dépor.— Karlinhos. (@karlinhos_rcd) 8 de julio de 2016

    5. en marca ponen que Albentosa se va al Derby county, no será fichaje será regreso digo yo….

        • Ferchu MC el

          jajaja yo ahora entró a currar en media hora estoy en mi tucson atento a nuestro capi , el otro Carreño vive a cuerpo de rey meu ????

    6. tristadjalminha el

      Bonito reportaje de raul albentosa, un tipo al que el futbol no le ha regalado nada. Ha estado pululando x multitud de equipos para conseguir su sueño de jugar en primera…

      https://youtu.be/ocW5rZZlcZA

      Un pedazo de central ojala venga

      • Hola TRIS!!! 🙂 A mí también me gusta máquina, a ver si vamos apuntalando la zaga, que falta nos hace

        • tristadjalminha el

          Saludos trasnor a ver si se cierra plsntilla lo antes posible…

          • Ferchu MC el

            Hola a los dos!! a mi.me encanta Albentosa central con oficio y que va fenomenal en las jugadas a balón parado aporta sus goles, a ver si viene un extremo zurdo titular mi preferido Morales jeje y el acompañante de Lucas christian Santos del NEC Nimega me recuerda a makaay muy buen delantero

    7. Pues a mi albentosa me parece muy válido para este depor, y Juan fran me parece un lateral con más recursos que laure, recordemos la fantástica temporada que estaba haciendo el eibar,se marcha en invierno y ya conozemos todos el desenlace del eibar. A mi para la delantera me encanta Rossi o Alberto bueno ,incluso miku

      • Rossi seria la leche.
        Si el levante lo pudo traer…. joe aunque sea cedido a pelo.

    8. depormedellin el

      En definitiva … Los próximos fichajes que vamos a hacer son de pagar por Juanfran y Albentosa y solicitar una cesión al Madrid sin opción a nada por una estrellita de segunda b .

      Vaya semanita , Cardoso rescindido , Lemos al Celta y ahora ésto …

      Espero estar medio equivocado , sean medianamente aprovechables y rindan por encima de sus posibilidades … Jajaja

      • Lo de los canteranos eso si me dolió eso si, ahí te doy la razón

        • A mín o de Lemos, non md molestou en absoluto.
          Pero o de rescindir a Cardos, así a lixeira…non me chistou moito.

          • Segundo DANTEDEPOR, o seu representante falou con Richard e dixolle que tiñan oferta do Celta, Richard rexeitouno

            Segundo el, cando rematou a cesión ó Compos esperou unha chamada do clube que nunca chegou

          • Ai el celta arriesga mucho, pensar que lemos no fue titular indiscutible en ninguno de los 2 equipos que estuvo, en el compos jugo la mitad,más o menos, y en el lugo ni la mitad de los partidos del lugo.

          • pues llamadme loco, pero no creo q triunfe en el lonas la verda

      • Yo lo unico que no entenderia seria si se diera gran cantidad de dinero (gran para nosotros claro) por ellos cuando hay que guardar para un delantero y mas gente ofensiva.
        A precio decente un central como albentosa que ha sido titular indiscutible en 2 equipos de primera y que a mi me parece un grandisimo central (y no solo por el tamaño) y juanfran que el año pasado fue de lo mejor del equipo pues si que me ilusiona.
        Si es a un precio decente y en propiedad me parece una gran gestion.
        En el tema de la cantera… mejor no comentar…. y la perla del racing de ferrol acaba de fichar para las categorias inferiores del celta… sera porque lo teniamos lejos.

      • socio 874 el

        lemos ya no era nuestro, era jugador del Lugo , entre Cardoso o Pinchi que juegan en la misma posición y con números similares en el Fabril, se eligió a Pinchi ,(que conste que Cardoso es bueno) y lo del chico del Madrid el club no ha dicho nada aun, a ver… no hay que sacar las cosas de quicio, tranquilidad que puede pasar aun de todo.

        • Lo de cardoso no le veo explicación, pinchi es muy joven y Cardoso esta más hecho, de todas formas eran compatibles en la misma plantilla

      • Ruben90 - Forza Dépor e Forza Joker!! Y vota a Temprelliño como becario de Riazor.org, arriba el trabajo infantil xD el

        Eres un poco cansino, compañero. Le tengo que dar la razón a ADLT xD Me parece correcto que esa sea tu opinión, pero lo repites muchoooo

        PD.: perdón, Joker, non conseguía responderche porque estou co móvil. Un placer lerte coma sempre compañeiro. A ver que pasa entón com Luisinho! Polo menos paréceme acertado non telo apartado, non sería moi intelixente se o querem vender.

    9. Fran Hermida:

      Juanfran podría unirse a los entrenos mañana ya, próximas horas está previsto que arribe a Coruña

          • lo confirma ser, cope, la voz, la opinion… es que esta mas que hecho 🙂
            La cosa es que se incorpore cuanto antes, al igual que si al final Insua y depor deciden que este se vaya al leganes llegue un central como albentosa, que conoce la liga y buenas actuaciones en ella y que de un rendimiento desde ya

            • Mañana último entreno a las 10.30 igual llega al final del mismo

    10. socio 874 el

      Yo hace 2 días por lo menos que leo que juanfran esta fichado por 4 + 1 temporadas y que Albentosa esta casi hecho pero de momento el club no ha confirmado nada de uno ni de otro, asi que tranquilidad que en el club son muy dados a jugar al despiste y no vaya a ser que haya alguna sorpresa

      • Yo creo que no hay cuidado, vienen los dos, en el caso de Juanfran me extraña que no esté ya aquí

        • socio 874 el

          Ya , pero en el caso de Juanfran se publicó con detalle hasta la duración del contrato y todo y me extraña que de ser así el Depor tarde tanto en confirmarlo, seguramente vendrá pero….. raro raro rarooo

      • depormedellin el

        Ojalá así sea … mero juego de despiste , pero Tyton estuvo en el candelero , Bruno , Borja Valle , Emre , estuvieron en boca de todos semanas e incluso meses .

        Ojalá así sea Socio 874 , pero me temo que Juanfran y Albentosa serán los próximos en llegar …

          • socio 874 el

            a mi tampoco, yo personalmente como futbolista veo mejor a Juanfran que a laure y con Albentosa no tengo ninguna duda, para lo que puede pagar el Deportivo es un gran fichaje

          • naybetinsua el

            A mi tampoco compañero pero parece que alguno se cree que nuestra liga (presupuesto) es la que no es
            Eibar sporting osasuna leganes las palmas alaves granada
            Dos buenos fichajes para cualquier equipo de “nuestra” liga y parece que ambos son nuestros

          • depormedellin el

            Pues yo sí estoy atemorizado y mucho . Me temo que vamos a pagar por un pésimo central y por un pésimo lateral , ambos los dos a punto de cumplir los 28 y por nada más y nada menos que por cuatro o cinco temporadas .

            Y luego … El lateral derecho Laure – Juanfran es que me produce una extraña sensación entre pánico , terror y bochorno .

            • socio 874 el

              solo por curiosidad, dentro de las posibilidades del Depor ¿Tu que central ficharías para el Depor? porque se que te gusta Jerry Mina, a mi también, pero creo que la cosa andaría cercana a los 10 millones y creo que no va a poder ser

    11. Menos mal q al final no vino bielsa menuda liada le hizo a la Lazio

      • Marc Jacobs el

        Bielsa nunca ha estado en nuestro radar. Lo que pasa con gente como el es que se rige por códigos diferentes al resto. Tienen un carisma arrollador y eso genera filias y fobias.

        • Ferchu MC el

          bielsa siempre fue un cabra loca ya dejó tirado al espanyol mucho cache pero estas cosas debe evitarlas si te compremetes con un equipo lo cumples y punto.

    12. fernandoefe el

      Que el foro me perdone pero yo no veo tan bueno a insua.
      Seguramente mejorará y a lo mejor llega a crack, pero hoy por hoy es normalito.
      No se puede comparar con albentosa. Este es un central contrastado, duro, con huevos. Una torre. Si lo fichamos nos dará una seguridad por alto que Sidney no tiene ni por asomo. Además este marca mínimo 5 goles en córner y faltas.
      Repito, no comparéis

      • Está claro que Albentosa ha demostrado cosas en primera e Insua no. A partir de ahí, si Pablo se queda, que se gane el puesto, esté quien esté; si realmente vale, lo hará. Si no vale para jugar en el actual Depor, es que no vale para jugar en primera, al menos en mi opinión. Otra opción es que lo vayamos cediendo año tras año hasta los 30, a ver si madura…

      • Marc Jacobs el

        Con Insua la incógnita es su rendimiento en primera. Sobre sus condiciones están fuera de toda duda.
        En lo que dices de Albentosa coincido al cien por cien. Es un jugador que puede ser líder de la zaga y eso nos puede venir fantástico.

      • A mi no me parece malo para nada Albentosa, respecto a Insua depende de él, tiene que confiar en sus posibilidades

      • Eu creo que Insua vai ser un bo central, e xa está.
        Ten que seguir dando pasos e teremos central pra moitos anos.
        Os cracks logo despuntan por encima da media, e Insua a tal punto non chega.
        Fáltalle dar o salto final, sin mais.

      • socio 874 el

        El día que Insua se lo crea va a ser un gran central pero yo creo que su problema es que de momento le da respeto la primera division y no se cree lo bueno que puede ser, si es así es solo cuestión de carácter, yo creo que con un poco de continuidad en primera se adaptará y veremos un grandisimo central para el Deportivo

        • Estoy completamente de acuerdo, pero esa continuidad se la tiene que ganar, y parece que no está seguro de poder hacerlo…

    13. Manuel Pablo "Estarei da man de Richard e tamén sacarei o título de adestrador. Buscando ser útil para o club"— Galicia en Goles (@GALICIANGOLES) 8 de julio de 2016

      • Pobrecillo, no ha tenido tiempo de sacarse el título en los últimos 18 años… Manolo, Manolo, hay que espabilar. Y lo dice uno que lo vio llegar sin que nadie supiéramos ni quién era (parecía un adosado al Turu), convertirse en un pedazo de lateral y dar todos estos años al Depor

        • Me parece que se le resiste alguna asignatura, le pasa como a todos,jejejej

            • Esa también si, a veces la vida ya te retira, su velocidad no perdona a nadie, ni a una leyenda como él